Xornada sobre a mellora no manexo do gando bovino en Agolada

Xornada sobre a mellora no manexo do gando bovino en Agolada

Rafael Méndez e Eva Ramos, da asociación Agolada Rural, presentaron a xornada.

Data inicio: 29/11/2019
Data fin: 29/11/2019
Lugar: Parillada Agolada, Golada, España

O colectivo Agolada Rural organiza este venres 29 de novembro a V Xornada Técnica sobre a mellora no manexo do gando Bovino, en memoria de Xosé Luis Xacobo.

A sesión é gratuíta e nela abordaranse cuestións como a prevención de mamite ou a mellora xenética en Galicia, ademais de coñecer proxectos leiteiros como a cooperativa Leite Gaza, de Zamora. A xornada terá lugar na Parrillada Agolada onde, ó finalizar a sesión, haberá un xantar cun prezo de 10 euros por persoa.

A xornada conta coa colaboración da Consellería de Medio Rural e será inaugurada polo director xeral de Gandería, agricultura e industrias agroalimentarias, Silvestre José Balseiros Guinarte.

Detallamos o programa da xornada:

-10.30 horas. Prevención da mamite de orixe ambiental. Iván Mato Iglesias, veterinario de vacún de leite de Laboratorios Hipra.

-11.30 horas. Sector leiteiro fóra de Galicia. Leite Gaza, gandeiros de Zamora. José Luis Calvo Rosón, director da Escola Internacional de Industrias Lácteas de Zamora e exdirector da cooperativa Leite Gaza.

-12.30 horas. Entrega de premios ós rapaces gañadores do III Concurso escolar de pintura Agolada Rural e cuxas creacións ilustran o cartel da xornada.

-13.00 horas. Xenética con acento galego. Mauricio de Los Santos, veterinario xenetista de Xenética Fontao.

-Clausura a cargo do presidente do clube Xóvenes Gandeiros de Galicia, Avelino Souto.

-Xantar na Parrillada Agolada. Realizarase un sorteo de 10 lotes de doses de touros xenómicos de última xeración procedentes do centro de Xenética Fontao (Lugo).

-Consulta aquí o díptico da xornada. 

 

Xornada-tecnica-Agolada-

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información