Xornada sobre mellora da eficiencia nas granxas de vacún de leite

Publicidade
Data inicio: 14/09/2018
Data fin: 14/09/2018
Lugar: Edificio CACTUS-Lugo, Lugo, España

A Oficina Agraria Comarcal de Lugo, dependente da Consellería de Medio Rural, en colaboración con ProEpla-USC organiza o vindeiro venres, 14 de setembro, unha xornada técnica baixo o título “Granxas de leite: ¿Podemos ser máis eficientes?”.

A xornada celebrarase na sala de conferencias do edificio Cactus do campus da USC en Lugo e está incluída dentro do plan de transferencia do agro galego 2018.

Programa:

-10h – 11:45h

“Mellora da eficiencia proteica a través da alimentación”. Javier López – KEMIN.

“Tecnoloxías de precisión en vacún de leite”. Paco Maroto – Universidade de Córdoba

-11:45h a 12:15h: Descanso

-12:15 a 14:00 horas:

“Saúde na transición; fonte de beneficios”. Juan Caínzos – ELANCO

“Forraxes. Optimización. Novidades e tecnoloxías de precisión”. Raquel Cortesao – PIONEER

Debate e propostas

-16h –18h horas

“Eficiencia e saúde ruminal”. Henrique Prado – ALLTECH

“Sustentabilidade na formulación de dietas de vacas leiteiras”. Ángel Ávila – Asesor veterinario

Debate e propostas.

Inscricións a través do correo-e:  oac.seca.lugo@xunta.gal

Descarga aquí o programa

Descarga aquí a ficha de inscrición.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información