Xornada de presentación de DATALACT, un novo dispositivo para conservación do leite en tanques de frío

Publicidade
Xornada de presentación de DATALACT, un novo dispositivo para conservación do leite en tanques de frío
Data inicio: 26/09/2019
Data fin: 26/09/2019
Lugar: Centro Tecnológico Agroalimentario de Lugo - CETAL, FSP, Rúa Montirón, Lugo, España

O Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (CETAL) presentará lestes xoves, 26 de setembro, os resultados do proxecto DATALACT, sobre dixitalización do control da conservación do leite nos tanques de frío.

A xornada, de carácter gratuíto, está dirixida especialmente a gandeiros e técnicos do sector lácteo, e celebrarase no salón de actos do CETAL de 11:00 a 13:00 horas. O CETAL desenvolve esta iniciativa en colaboración coa cooperativa As Vacas da Ulloa, PSVet Dairy Quality, 2xMil e Data Monitoring.

Este grupo traballou para crear un dispositivo denominado DATALACT e valorar a súa aplicabilidade no control da calidade hixiénica do leite no tanque de frío.

A xornada comezará ao once da mañá no salón de actos do CETAL coa presentación do acto por parte do director xeral do CETAL, Javier Bueno. A continuación Natalia Estévez, da empresa Proquimia S.A., impartirá un relatorio titulado “Técnicas de limpeza de tanques de frío”.

Tras a mesma, os representantes do cinco entidades participantes no proxecto explicarán os principais fitos no desenvolvemento dos traballos realizados, así como os resultados obtidos máis destacados. Ao final da exposición, os asistentes poderán debater sobre as utilidades dos resultados do proxecto na conservación do leite nos tanques de frío.

CETAL TANQUES FRIO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información