Xornada de apoio ó consumo de leite fresco

O colectivo Leite Lugo programou un evento no que se difundirán as vantaxes dos lácteos na alimentación. Intervirán expertos en nutrición e cinco ganderías que transforman e comercializan a súa produción

Publicidade
Data inicio: 13/12/2016
Data fin: 13/12/2016
Lugar: Universidade de Santiago de Compostela: Facultade de Ciencias, Lugo, España

Lugo acollerá o martes 13 de decembro unha xornada adicada á promoción do consumo de leite fresco. O evento, que se desenvolverá no salón de actos da Facultade de Ciencias, está organizado por Leite Lugo, un colectivo que xurdiu hai pouco máis dun ano a raíz das mobilizacións do sector lácteo.

O programa da xornada inclúe a intervención de expertos en nutrición, así como a participación de gandeiros que transforman e comercializan a súa produción. Haberá tamén unha cata de produtos, para a que hai que inscribirse previamente a través do correo electrónico leitelugo@gmail.com.

Programa
O programa da xornada, que comezará ás 16 horas, inclúe as seguintes charlas:

– ‘Composición do leite. Elaboración de leites de consumo’ (Ángel Cobos, catedrático de Tecnoloxía dos Alimentos no Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da Facultade de Ciencias da USC (Campus de Lugo).

– ‘Propiedades do leite na saúde humana: mitos e realidades desde o punto de vista científico’. (Carlos Spuch, Investigador senior do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur).

– ‘A galega que seduciu ó doutor Spock. Manual para salvar ó animal urbán’. (Carlos Riveira, veterinario na Pastoriza, Lugo).

A seguir, haberá unha conversa e cata con produtores lucenses de leite non homoxeneizado. Intervirán Arqueixal (Palas de Rei), D`vaca (O Saviñao), Lácteos Vidal (Guitiriz), Quintián (O Páramo) e Veigaría (O Incio).

A actividade está organizada por Leite Lugo e colaboran a Universidade de Santiago, o Sindicato Labrego e a Deputación de Lugo.

2 ideas sobre “Xornada de apoio ó consumo de leite fresco

  1. Busto Alfonsin Emilio

    Hola.me gustaría contactar con ganaderías que comercializan su producción como leche pasterizada.

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información