Xa está disponible a lista por concellos de equipos que deberán pasar a ITEAF

Publicidade
Xa está disponible a lista por concellos de equipos que deberán pasar a ITEAF

Inspección dun equipo de aplicación de fitosanitarios

A Consellería do Medio Rural ven de publicar o censo de equipos e máquinas inscritas no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA) que terán que pasar de xeito obrigatorio ao longo do vindeiro ano a Inspección Técnica de Equipos de Aplicación de Fitosanitarios (ITEAF).

En total, en Galicia terán que pasar a inspección o vindeiro ano un total de 9.871 equipos de aplicación de fitosanitarios. A maioría deles, 7.6256 son pulverizadores hidráulicos, utilizados sobre todo para o cultivo de forraxeiras (aplicación de herbicidas e pesticidas a cultivos de millo..etc), seguidos dos atomizadores, con 1.956 equipos, e empregados principalmente en viñedo. Séguenlle os espolvoreadores, 212 equipos, e por último deberán pasar tamén a inspección 54 nebulizadores e 24 pulverizadores neumáticos.

Por comarcas, O Salnés é na que máis equipos terán que pasar inspección: 2084, máis do 20% dos de toda Galicia, debido ao gran peso do sector da viña e, en menor medida, da horta. A maior distancia séguelle a comarca da Limia, con 747 equipos, seguida polas comarcas da Terra Cha (734), O Deza (546) e Ordes (537).

Por concellos, os máis afectados polas ITEAF son os de Cambados (605 equipos), Meaño (418), Ribadumia (364), Xinzo da Limia (317) , Santa Comba (201) e Lalín (194).

Cando e como deberá pasarse a inspección dos equipos?

As inspeccións deberán pasarse antes do 26 do novembro de 2016 nas 6 estacións ITEAF que, de momento, autorizou a Xunta de Galicia. Próximamente, a Consellería de Medio Rural ten previsto publicar un calendario para realizar as inspeccións a nivel comarcal. En todo caso, ten que ser o propio agricultor, ben directamente ou ben a través das cooperativas, o que se terá que poñer en contacto coa estación ITEAF autorizada para que lle oferte prezos e datas de inspección.

Enlaces de interese:

-Censo de equipos que deberán pasar a ITEAF por concello.
-Censo de equipos que deberán pasar a ITEAF por comarca.
-Estacións de ITEAF autorizadas pola Xunta de Galicia ata o momento.
-Información da Consellería do Medio Rural sobre inspeccións de equipos de aplicación de produtos fitosanitarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información