Xa está disponible a aplicación web para solicitar a axuda por redución da produción de leite

Xa está disponible a aplicación web para solicitar a axuda por redución da produción de leite

Vacas na gandería A Devesa Langueirón SL

A Consellería de Medio Rural ten dispoñible dende este luns a aplicación web para que os gandeiros que estean interesados poidan solicitar a axuda europea por redución temporal da produción láctea.

Os posibles beneficiarios poderán ser produtores de leite de vaca en activo que fixeran entregas de leite a primeiros compradores no mes de xullo de 2016. Os gandeiros e gandeiras comprométense a reducir a produción a súa produción durante un período de tres meses, en comparación co mesmo período do ano anterior. Para o primeiro período, se a redución das entregas se vai facer nos meses de outubro, novembro e decembro, o prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro día 21 de setembro ás 12:00 horas.

O importe da axuda será de 14 euros por cada 100 kg de redución. A axuda é limitada e finalizará en canto se acaden os 150 millóns de euros con que conta a Comisión Europea. A axuda por beneficiario será como mínimo para unha redución de 1.500 kg (1.456 litros) e como máximo para unha redución do 50% da produción de leite no período de referencia.

Validez das solicitudes:

Dende a Consellería do Medio Rural lembran que “só se poderá presentar por rexistro unha única solicitude de axuda” e que “a presentación de máis dunha solicitude por rexistro provocará a inadmisibilidade de todas”.

A solicitude deberá estar completa, con toda a documentación requirida e non serán admitidas as solicitudes incompletas. A documentación a adxuntar á solicitude é a seguinte:

-Copias das facturas do leite entregado nos meses do período de referencia.

-Copia da factura do leite entregado no mes de xullo de 2016.

-De ser o caso, acreditación da representación (no caso de persoas xurídicas ou entidades):
1. a) Modelo xerado pola aplicación web
2. b) Copia da escritura de constitución da entidade onde figure a acreditación da representatividade do solicitante ou documento equivalente

Acceso á aplicación: https://www.axudaspac.gal/oavsol/

Descarga aquí unha guía para cubrir a solicitude na aplicación.

Descarga aquí o regulamento da Comisión Europea para esta axuda.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información