Vídeos da colleita de millo forraxeiro en Galicia

Vídeos da colleita de millo forraxeiro en Galicia

Facendo o silo en Ganxabar, en Santa Comba.

O ensilado de millo forraxeiro en Galicia avanza a bo ritmo e cunhas previsións que apuntan a que será unha boa colleita, aínda que menor que as previsións iniciais debido fundamentalmente á seca e á forte calor e ao vento do nordés da semana do 15 de agosto.

As choivas destes días están a permitir unha certa recuperación do cultivo, sobre todo da mazaroca. A maioría das explotacións gandeiras consultadas teñen previsto ensilar ao longo destes próximos 15 días. As previsións iniciais estimaban un incremento da produción de arredor dun 20% respecto ao pasado ano, pero haberá que agardar ao remate da colleita para confirmalo.

Ofrecemos a continuación unha escolma de vídeos dalgunhas das ganderías e cooperativas que están a traballar no ensilado:

Ganxabar (Santa Comba e Mazaricos):

Cobideza:

Gandería Sar SC (Touro):

Gandería Devesa Langueirón SC (Ponteceso):

Manuel Iglesias sementando xa a pradeira de inverno (Santa Comba):

Galería fotográfica do ensilado do millo este ano en Galicia:

Ensilando o millo en Ganxabar (Mazaricos)

Denuncian que unha plantación de Guntín sobre danos do xabarín en 20 hectáreas de millo

O sindicato Unións Agrarias ven de recibir numerosas queixas de veciños do Concello de Guntín, polas numerosas perdas que están a producir as mandas de xabaríns nos cultivos de millo que están listos para a colleita, especialmente na parroquia de Vilamaior.

A explotación máis afectada na zona ven de ser a SAT Vilamaior de Negral, explotación de 400 cabezas de leite, que ven de constatar danos do xabarín, nunhas 20 hectáreas das 50 que ten sementado este ano, para producir alimento para o inverno, e complementar a dieta das vacas en produción.

Segundo Unións as perdas poden superar os 20.000 euros, e obrigarán a esta explotación a buscar alimento no mercado. O sindicato denuncia que os produtores prexudicados non recibirán ningún tipo de axuda oficial, ao non existir ningunha liña de pago de danos aos afectados, “xa que se eliminaron no ano 2009, e somentes se puxeron en marcha de xeito puntual o ano pasado, pero cunha cuantía máxima de 1.500 euros por explotación”, precisan.

Unións: “A Xunta tense que implicar ante o problema do xabarín”

Neste sentido, Unións reclama que “a Administración enfronte o problema na súa complexidade, e se reduzan as poboacións de xabaríns ata un nivel compatible co exercicio da agricultura e a gandeiría, nas comarcas productoras”.

“Só mediante a implicación real da Xunta de Galicia, e a colaboración dos cazadores, se poderá enfrontar este problema, que vai a máis ante a indiferencia dos responsables de deseñar medidas de control e de facelas efectivas mediante a caza”, conclúen.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información