Unións Agrarias esixe a comunicación urxente das multas por supertaxa

UUAA lembra que “as empresas xa teñen información das graxas sancionadas e os importes”. Pide ás empresas que prioricen leite español ante o boicot  francés

Unións Agrarias esixe a comunicación urxente das multas por supertaxa

Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias

O sindicato Unións Agrarias solicita a comunicación urxente aos gandeiros dos datos correspondentes ás sancións por supertaxa. “Resulta necesaria e urxente a comunicación individualizada por parte das empresas recolledoras ás explotacións sancionadas, xunto cos importes a reter nas liquidacións”, demandan dende a organización agraria.

Nun comunicado UUAA sinala que “deste xeito débense liberar as retencións a conta do gran número de granxas, que a pesar de que non figuran entre as sancionadas, tiveron que alugar cota para cubrir esa posible incidencia”. Ademáis, a organización agraria sinala que “ademais estas explotacións teñen sen cobrar o leite de marzo e manteñen vivos avais bancarios para cubrir unha  sanción que non se vai a producir, co que iso supón nun momento de afogamento económico como actual”.

Priorizar o leite español ante o boicot  francés

Por outra parte, e despois de coñecer a sabotaxe en Francia a unha cisterna que contiña nata procedente de España, o sindicato Unións Agrarias pide ás empresas transformadoras que “prioricen a produción láctea española fronte ás importación de leite en po e produtos terminados de Francia”.

“Esta acción suporá un alivio para a situación que atravesa o sector en Galicia e un xesto de compromiso para coa supervivencia do medio rural galego”, sinalan. Neste sentido, UUAA denunciará diante dos consumidores ás empresas que manteñan as importacións francesas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información