Un gandeiro galego, protagonista da campaña de Lactalis polos seus 20 anos de leite ecolóxico

O Grupo Lactalis, o maior fabricante de produtos lácteos do mundo, celebra este ano o 20 aniversario desde que obtivo a primeira certificación para producir leite ecolóxico en España e comezou a colaborar coas tres primeiras granxas na súa reconversión.

En 1999, o Grupo Lactalis e estes tres gandeiros foron pioneiros, creando unha nova categoría de produto: o leite ecolóxico. José Manuel Vázquez, gandeiro de Burgo do Negral (Lugo), tivo a visión de «facer as cousas de forma diferente, producindo leite dunha maneira máis sustentable, tanto para as vacas como para o planeta». 20 anos despois segue colaborando con Lactalis.

Precisamente, José Manuel Vázquez é o protagonista dun vídeo de Lactalis no que explica en primeira persoa as diferenzas entre o leite ecolóxico e a convencional:

Tras José Manuel, máis de 80 gandeiros galegos, asturianos, cántabros e cataláns, uníronse ao Grupo Lactalis neste proxecto, apostando polo leite ecolóxico como unha vía para achegar máis valor ao sector gandeiro e como resposta a un consumidor cada día máis preocupado polo medio ambiente, o benestar animal e os produtos naturais.

Hoxe en día o Grupo Lactalis converteuse no líder da categoría, a través da súa marca Puleva Eco, cunha cota de mercado do 46% do leite ecolóxico en España (Nielsen, TAM P8). Este ano completou a súa gama con Puleva Fresca Eco -leite pasteurizado procedente de granxas ecolóxicas-, axuntando dúas tendencias de consumo: a naturalidade e a sustentabilidade.

Previsión de chegar en 2022 a 22 millóns de leite eco recollido en España

O Grupo Lactalis segue traballando na reconversión de novos gandeiros que se sumarán aos xa certificados. A empresa alcanzará a finais deste ano unha recollida de 20 millóns de litros de leite ecolóxico e prevé chegar até os 22 millóns de litros en 2022.

Para José Enrique García, director de Recollida de Leite do Grupo Lactalis en España, «cando comezamos hai 20 anos cualificábannos de aventureiros, pero hoxe en día estamos orgullosos de tomar este camiño da man dos nosos 80 gandeiros que nos entregan diariamente o seu leite. Para todos nós Eco non é só unha etiqueta, é a maneira máis sustentable de producir leite. Esta visión converteu ao Grupo Lactalis no maior fabricante de produtos lácteos ecolóxicos do mundo».

Para celebrar o 20 aniversario da chegada do leite ecolóxico a España, o Grupo Lactalis reuniu este mércores aos seus 80 gandeiros desta categoría nun evento celebrado en Sober (Lugo).

Sobre o Grupo Lactalis

Fundado en Francia nos anos 30, o Grupo Lactalis é unha empresa familiar desde fai tres xeracións. Líder mundial dos produtos lácteos, o Grupo conta con 83.000 gandeiros colaboradores, opera en máis de 250 fábricas en todo o mundo, está presente en 94 países e ten como obxectivo ofrecer aos consumidores unha gama cada vez máis ampla de produtos lácteos.

En España, o Grupo Lactalis conta con 8 fábricas e 2.500 empregados. Ademais, adquire leite a nivel nacional a máis de 2.300 gandeiros. Entre os seus produtos atópanse marcas como Galbani, Président, Puleva, Lauki, RAM, El Castillo, Gran Capitán, Flor de Esgueva, El Ventero ou Chufi.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información