Últimos prezos dos produtos lácteos na UE

PREZOS LACTEOS UE AGOSTOO Observatorio do Mercado Lácteo da Comisión Europea ven de publicar a evolución dos prezos dos produtos lácteos no mercado interno na UE durante a última semana.

A única suba foi a da manteiga, que se revalorizou un 1% respecto á anterior semana, e sobe ata os 3,64 euros o quilo, un 34% menos que hai una ano. No leite en pó desnatado (SMP) a cotización baixou un 0,3%, quedando nos 207 euros, un 31% máis que en agosto do pasado ano. O leite en pó enteiro (WMP) prácticamente mantense sen cambios, ao igual que os queixos Edam e Gouda. Destaca iso si a baixada dun 5,1% no queixo Emmental, que queda nos 4,38 euros o quilo.

Baixan os custos de produción

Polo demais, a Comision Europea destaca que os custos de alimentación do gando vacún de leite na UE baixaron un 0,5% nas últimas catro semanas , e son un 13% inferiores respecto a comezos do ano. Tamén destacan a baixa dos custos de enerxía (gasóleo e electricidade), que son un 7% máis baixos ca na primavera.

Consulta o informe completo nesta ligazón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información