Últimas cotizacións dos produtos lácteos nos mercados internacionais

Últimas cotizacións dos produtos lácteos nos mercados internacionais

O Observatorio Europeo do Mercado Lácteo ven de publicar as últimas cotizacións dos produtos lácteos nos mercados internacionais, correspondentes ás operacións de compra realizadas ata o domingo, 8 de xullo.

Na Unión Europea destaca a pequena baixada da manteiga, un -0,7% respecto á última semana de xuño, de xeito que se sitúa nos 6.759 dólares a tonelada. Nos últimos 12 meses este produto subiu na UE un 6%, sendo un dos piares para manter os prezos do leite en orixe. Nos outros dous grandes produtores lácteos, Estados Unidos e Oceanía (Nova Zelandia e Australia), o prezo da manteiga é menor: 5.212 e 5.688 dólares respectivamente, con baixadas esta semana do 4,7 e do 5,1%. Na evolución interanual o prezo da manteiga baixou un 14% en Estados Unidos e un 9% en Oceanía.
´
Nos outros produtos, o leite en pó desnatado (SMP) subiu esta semana na UE un 0,2% (1.785 dólares a tonelada), mentres que en Oceanía baixou un 3%, ata os 2.063 euros, en Estados Unidos caeu un 5,1%, ata os 1.735 euros. Nos últimos doce meses o leite en pó desnatado foi o “patiño feo” dos mercados lácteos, con baixadas de prezos do 17% na UE, do 13% en EEUU e do 8% en Oceanía.

Evolución algo distinta foi a do leite en pó enteiro (WMP), con baixadas menos pronunciadas. Así, esta semana pagouse a 3.285 dólares a tonelada na UE, un 1% menos que a anterior cotización; a 3.038 dólares en Oceanía, cunha caída semanal do 5,1%, e a 3.583 dólares en USA, cunha suba do 2,2%. Precisamente é no mercado estadounidense onde mellores prezos está a acadar este produto, cunha suba da cotización interanual do 14%. Pola contra, na UE baixou un 4% e en Oceanía un 3% nos últimos doce meses.

Por último, o prezo do queixo Cheddar experimentou unha tendencia á baixa nos principais mercados. Así, se ben é certo que este luns subiu un 1% na UE, ata os 3.935 euros a tonelada, sen embargo en Estados Unidos baixou un 7,9%, ata os 3.290 dólares, e en Oceanía caeu o prezo respecto a finais de xullo un 3,5%, quedando nos 3.788 dólares. E se se comparan os datos de xullo cos de xullo de hai un ano, o prezo do queixo Cheddar baixou un 4% na Unión Europa, un 6% en Oceanía e un 3% nos Estados Unidos.

MMO_XULLO_1

Baixa o prezo do leite spot en Holanda e en Italia

Polo demais, esta semana baixou o prezo medio do leite spot en Italia e en Holanda, unha baixada puntual que tamén se rexistrou en 2017. Se se repiten os comportamentos do mercado dos dous últimos anos o prezo debería remontar ao longo deste mes de xullo.

Deste xeito, segundo informa o Milk Market Observatory, este domingo o prezo do leite spot en Italia quedou nos 0,383 euros o litro e en Holanda -cun 4,4 % de graxa- o prezo do leite situouse nos 0,345 euros o litro.

MMO_XULLO_2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información