Tendencia á baixa dos prezos no mercado internacional do leite

A subasta de Fonterra rexistra unha reducción das cotizacións por segunda semana consecutiva. Leves descensos tamén nos valores dos mercados europeo e americano

Tendencia á baixa dos prezos no mercado internacional do leite

Fonterra é unha das principais multinacionais lácteas.

A recuperación que estaban a rexistrar os mercados internacionais do leite desde mediados de agosto experimentou un parón e un leve retroceso nos últimos 15 días. A subasta internacional de lácteos da neozelandesa Fonterra, o Global Dairy Trade, experimentou por segunda sesión consecutiva unha baixada dos prezos nos produtos lácteos industriais (manteiga, leite en po, queixo cheddar, etc.). A reducción das cotizacións na sesión de onte foi dun 7,4 % de media, en tanto que hai un par de semanas, na sesión anterior, fora dun 3,1 %.

O Global Dairy Trade (GDT) de Fonterra, que adoita celebrar dúas subastas ó mes, constitúe un dos termómetros do mercado internacional do leite. Desde a primavera ata mediados de agosto, o sistema de subastas experimentara caídas de valores en todas as sesións; sen embargo desde mediados de agosto ata hai un par de semanas a tendencia fora a alza.

Os novos retrocesos nas cotizacións do GDT coinciden cunha reducción xeralizada dos prezos dos produtos lácteos industriais en Europa e Norteamérica, segundo os últimos datos do Observatorio Lácteo Europeo, que rexistra leves descensos nas últimas dúas semanas nos valores de leite en po, manteiga e cheddar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información