Sobe o prezo do leite na Unión Europea

O prezo do leite subiu en agosto no conxunto da Unión Europea, até situarse nos 0,335 euros por litro, un 2% máis que os 0,328 euros pagados en xullo. Así se desprende dos últimos datos do Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea.

Para España os prezos seguirían sen cambios, en 0,3029 euros o litro para o leite normalizado. Os últimos datos publicados polo FEGA para o leite sen normalizar foron dunha media de 0,312 euros o litro no mes de xullo para toda España, e de 0,303 no caso de Galicia.

A subida do prezo do leite en agosto na Unión Europea rexistrouse fundamentalmente nos países máis exportadores, como Francia (0,353 euros o litro en agosto fronte aos 0,337 de xullo), Irlanda (0,324 fronte aos 0,317 de xullo) ou Bélxica (0,348 fronte a 0,301). En Holanda o prezo medio mantívose sen cambios en 0,357 euros o litro, do mesmo xeito que en Dinamarca (0,358) ou Alemaña (0,332). En Portugal os prezos en agosto tamén se mantiveron sen cambios en 0,307 euros o litro.

commodities_leite_setembro_prezos

Cotizacións dos derivados lácteos na Unión Europea

En canto ás “commodities” lácteas, as últimas cotizacións na Unión Europea, correspondentes a este mércores, revelan unha recuperación con respecto á semana pasada dos prezos dos queixos Gouda e Edam; estabilidade na manteiga, que se mantén en prezos historicamente altos, e baixadas tanto no leite desnatado en po como tamén no enteiro.

commodities_leite_setembro

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información