Seminario práctico sobre mellora xenética en vacún de leite

Data inicio: 22/10/2018
Data fin: 22/10/2018
Lugar: Centro de Investigacións Agrarias, España

O día 22 de outubro de 2018 impartirase no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) a terceira edición do “Seminario Práctico: Incremento da rendibilidade das explotacións leiteriras mediante a mellora xenética”. Está dirixido fundamentalmente a gandeiros e persoas que se queiran incorporar á actividade.

Trátase dunha actividade enmarcada no plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e da información ao agro galego 2018 que se desenvolve durante unha xornada en horario de 10:00 a 20:00 horas, dende un punto de vista eminentemente práctico, tendo como obxectivos principais:

1. Localización da información (catálogos, webs, análises xenéticas e xenómicas…) e selección da información de interese para cada explotación en función dos obxectivos produtivos.
2. Interpretación axeitada da información.
3. Aplicación práctica:
– Apareamentos idóneos para conseguir a mellora dos caracteres de interese (leite, graxa, proteína, lonxevidade,…)
– Selección dos animais idóneos para garantir a mellor reposición.
– Apareamento cos sementais idóneos en cada caso.
– Material xenético galego como material de calidade contrastada para cruces en pureza e cruzamento industrial.
4. Incremento da rendibilidade dunha explotación có manexo adecuado das ferramentas que brinda a mellora xenética.

Para garantir o seu carácter práctico contarase con dous técnicos de Africor Lugo e Xenética Fontao de dilatada experiencia profesional neste eido.

En caso de estar interesados/as en asistir deberá cumprimentarse a folla de inscripción e remitila por correo electrónico a [email protected] ou por fax (881 881 800).

Descarga aquí a folla de inscrición. 

XORNADA_CIAM_MELLORA_XENETICA

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información