Segue subindo en xullo o prezo do leite na UE e a manteiga alcanza prezos récords

Segue subindo en xullo o prezo do leite na UE e a manteiga alcanza prezos récords

O prezo do leite e dos derivados lácteos segue subindo tanto na Unión Europea como nos mercados internacionais, segundo os últimos informes do Observatorio do Mercado Lácteo da Comisión Europea.

En canto ao prezo do leite, os datos de xullo revelan que o prezo do leite en orixe situouse na Unión Europea nos 33,80 euros por cada cen quilos. Isto supón un 1,7% máis con respecto a xuño.

España foi un dos poucos grandes produtores lácteos nos que o leite non subiu para os gandeiros, manténdose nos 30,10 euros de media, o mesmo que en xuño ou maio. Pola contra, en xullo subiu en Francia ata os 34,58 euros (fronte aos 32,32 de xuño), en Holanda en 37,25 euros (36,75 en xuño) ou en Italia en 37,41 (en xuño 36,78). En Alemaña mantívose sen cambios en 38,38 euros por cada 100 quilos e en Portugal tamén seguiu estable en 28,74 euros.

No resto de principais produtores o prezo do leite en xullo tamén seguiu subindo. Así, en Estados Unidos subiu ata os 37 euros por 100 quilos, a un 4,2% de graxa e en Nova Zelandia situouse en 34,2 euros, tamén a un 4,2% de graxa e 3,35% de proteína.

A manteiga alcanza prezos récord nos mercados internacionais

En canto aos prezos dos derivados lácteos seguen á alza nos mercados internacionais, principalmente grazas ao repunte da manteiga, que alcanza récords históricos, en menor medida do leite en po enteira.

Así, na primeira poxa de agosto na Unión Europea os prezos da manteiga subiron con respecto á última poxa de xullo un 4,2% ata alcanzar os 6.843 euros por tonelada; o leite en po enteiro subiu un 4,9% ata os 3.588 euros tonelada, mentras que o leite en po desnatado encareceuse un 2,2% ata os 2.128 euros e o queixo cheddar repuntou un 2,5% respecto de xullo ata alcanzar os 4.193 euros por tonelada.

“Nos últimos doce meses a manteiga revalorizouse un 99% na UE”

En Estados Unidos os prezos tamén subiron na primeira poxa de agosto, pero algo menos: un 3,5% máis a manteiga ata os 5.975 euros a tonelada; un 3,4% o leite en po enteiro ata os 3.307 euros; un 0,5% o desnatado ata os 1.905 euros e un 2,1% o queixo cheddar, situándose nos 3.840 euros a tonelada.

Con respecto a agosto do pasado ano, o prezo da manteiga encareceuse na Unión Europea un 99%, o do leite en po enteiro un 43%, o do desnatado subiu un 11% e o do queixo cheddar unha media do 37%

manteiga_agosto_17

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información