Reunións do sector lácteo con Xunta e Ministerio

Unións Agrarias-Upa solicita unha prórroga para que os próximos contratos de compra venda de leite se poidan negociar ó longo de abril

Reunións do sector lácteo con Xunta e Ministerio

Reunión no Ministerio entre a ministra e organizacións do agro.

As organizacións agrarias mantiveron unha reunión coa ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, para abordar a situación do sector lácteo nun intre no que se están negociando os novos contratos de compra-venda de leite entre gandeiros e industrias. Nese encontro, os representantes de Unións Agrarias – Upa solicitaron unha prórroga dun mes para a negociación de contratos entre industrias e produtores, unha petición que tamén lle trasladaron á conselleira de Agricultura, Rosa Quintana, na tarde do martes.

Desde Unións Agrarias considérase que non serve de nada axilizar a sinatura de contratos antes de abril, dado que entende que iso permitiría que as industrias “apliquen ao seu xeito” os contratos. Tanto la ministra como a conselleira amosaron a súa disposición a estudar a proposta, segundo Unións Agrarias, que en Galicia xestiona a organización de produtores Ulega.

“Abril ten que ser o mes da negociación”, valorou tras a reunión coa ministra Román Santalla, o secretario de Ganadería de UPA, a matriz estatal de Unións Agrarias. “Negociación colectiva entre productores e industrias baixo o amparo do Ministerio de Agricultura”, matizou Santalla, que lle pide ao Ministerio que non deixe sos aos gandeiros fronte ás industrias, pois o seu punto de partida nas negociacións é “inasumible”.

Para hoxe está prevista en Santiago unha roda de prensa de Xóvenes Agricultores, Sindicato Labrego e Unións Agrarias para presentar accións conxuntas pola situación de crise do sector.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información