Reunión da Xunta coas 6 cooperativas que se fusionan en Aira

Os conselleiros de Economía e Medio Rural mantiveron un encontro cos directivos das entidades que se agrupan co obxectivo de coñecer o proxecto de integración en marcha

Reunión da Xunta coas 6 cooperativas que se fusionan en Aira

Reunión da Xunta cos directivos das seis cooperativas que se integran en Aira.

Os conselleiros de Economía, Francisco Conde, e do Medio Rural, Ángeles Vázquez, mantiveron unha reunión con directivos das cooperativas Aira, Icos, Cogasar, Agris, Coelplan e Leira para coñecer de primeira man o proxecto de fusión que teñen en marcha para a constitución dunha cooperativa de primeiro grao.

Dende a Xunta valórase positivamente esta fusión, xa que entenden que o asociacionismo debe contribuír a fortalecer ó sector gandeiro. Segundo trasladaron as cooperativas, se os socios ratifican nas distintas asembleas xerais o acordo de integración, a nova cooperativa de primeiro grao podería entrar en funcionamento a partir do 1 de xaneiro de 2018.

Deste xeito, Aira sumaría máis de 220 empregados e agruparía a máis de 2.800 socios, alcanzando unha cifra de negocio de 93 millóns de euros. A produción de leite dos socios supera os 310 millóns de litros anuais, repartidos entre 1.100 explotacións. Fabrica ademais unhas 200.000 toneladas de pensos e mesturas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información