Resultados dos ensaios do Ciam coas variedades de millo forraxeiro 2017

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo ven de publicar a actualización para o ano 2017 dos ensaios sobre o valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia.

Resultados dos ensaios do Ciam coas variedades de millo forraxeiro 2017

Campo de ensaio de millo

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo ven de publicar a actualización para o ano 2017 dos ensaios sobre o valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro en Galicia.

Dentro dunhas semanas xa se empeza a preparar a sementeira do millo forraxeiro en Galicia, un cultivo de grande importancia para o mantemento da nosa cabana de gando vacún.

Proba da importancia deste cultivo é que Galicia concentra o 60% da superficie do Estado dedicada a este cultivo e o 55% da produción. Trátase da principal produción forraxeira das arredor de 8.500 explotacións lácteas existentes na comunidade e cobra máis importancia nun momento de baixos prezos do leite.

Neste sentido, o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) ven de publicar a actualización correspondente ao ano 2017 do Valor Agronómico das Variedades Comerciais de Millo Forraxeiro en Galicia, un análise comparativo anual que realiza co obxectivo de avaliar o rendemento e calidade das variedades comerciais máis utilizadas no país.

Os  ensaios fixéronse en catro comarcas: Sarria, Trasdeza, Ordes e A Mariña lucense.

CIAM_millo_2017

CIAM_millo_2017_2

Recomendacións para elixir unha variedade

Á hora de elixir unha variedade, dende o CIAM recomendan que o primeiro que temos que ter en conta é o ciclo que resulte máis axeitado ao clima da zona. Neste sentido aconsellan que:

-Se sabemos a data de sementeira e sumamos os días que aparecen na columna “Días S-C”, teremos a data probable de recollida para unha zona fría do interior.
-Se é unha zona cálida haberá que restarlle 15 días.
-Tamén é importante a dispoñibilidade de maquinaria para esa data.

Dentro do ciclo elixido, dende o CIAM recomendan escoller aquelas variedades que reúnan as dúas condicións seguintes ao mesmo tempo:
1) Un elevado índice produtivo (IP) (canto maior sexa o dato da columna IP, mellor) e

2) Unha elevada calidade (canto maiores sexan os datos das columnas ESPIGA, DMO e PB, mellor).

Descarga aquí a actualización correspondente ao ano 2017 do Valor Agronómico das Variedades Comerciais de Millo Forraxeiro en Galicia

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información