Resultados de Feiradeza 2016

Resultados de Feiradeza 2016

Entrega dos premios á mellor vaca, mellor manexador e mellor gandería. Foto: Bernabé, FdV

A vaca Baroncelle Betanzos Andrea, da gandería Rato, de Pardesoa (Rodeiro), alzouse este domingo co galardón de Gran Campioa no 22º Concurso de Raza Frisoa Feiradeza 2016. Na categoría de mellor criador, o primeiro premio foi para a gandería Manteiga, de Oirós (Vila de Cruces).

Na categoría de Vaca Nova Campioa, o primeiro premio foi para Santomé Lauthority Giovana,da gandería Santomé. Na sección de Vaca Intermedia Campioa a primeira posición correspondeu a Baroncelle Betanzos Andrea, e na categoría de Vaca Adulta, a galardoada co primeiro posto foi Manteiga Alexander Evy.

Concurso de manexadores

Na xornada do sábado celebrouse o concurso de manexadores, no que Avelino Souto Rozados, coroouse como gran manexador, por diante de Ismael García Arias.

Na categoría de mozas manexadores entre 10 e 15 anos, o gañador foi Abel Carballo, por diante de Fátima Míguez e Brais Oro, mentres que na sección de entre 26 e 20 anos, o gañador foi Avelino Souto, por diante de Ismael García Arias, Goien Orfila, María Manteiga e Adrián Mahia.

Descarga aquí a lista completa de galardoados en Feiradeza 2016

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información