Resultados das probas xenéticas de novembro de Conafe

Resultados das probas xenéticas de novembro de Conafe

WH Harmónico, da empresa pública galega Xenética Fontao, é o mellor touro probado español

A Confederación de Asociacións de Frisoa Española (Conafe) acaba de publicar os resultados das probas de avaliación xenética correspondentes ao mes de novembro.

Para realizar a avaliación xenética tradicional utilizáronse os datos do Control Leiteiro Oficial e os datos das cualificacións dispoñibles. Desde Conafe destacan a importancia dos datos de Fluxo de Muxido “xa que a calidade deste dato é moi superior ao de velocidade e por tanto as ganderías que dispoñen do mesmo, teñen as súas vacas moito mellor avaliadas e seralles máis fácil evitar problemas derivados deste aspecto da produción”.

Mellores todos por ICO (españois e estranxeiros)

conafe_novembro

O valor media dos 200 touros top publicados no catálogo nacional para o índice combinado ICO é de 3083, o valor medio dos 100 mellores touros probados españois sitúase nos 3149 e o dos 100 mellores touros xenómicos españois alcanza os 4188. Hai que lembrar que os resultados das avaliacións xenéticas non son comparables a avaliacións previas.

Respecto das probas de filiación comprobouse a paternidade de 62565 mostras, a maternidade de 2491 e ambas as en 2192 casos. As porcentaxes de animais incompatibles detectados son do 0,7% e do 1,3% respecto de pai e nai respectivamente.

Consulta aquí a lista completa de 200 mellores touros por ICO (españois e estranxeiros)

Mellores touros xenómicos

conafe_novembro

Os 25 mellores xenómicos en 2013 e que en 2016 xa teñen proba, tiñan un valor GICO medio de 3380 puntos. Hoxe estes touros estanse en 3349 puntos. O risco das probas xenómicas mantense ao redor dos 500 puntos. É dicir o que pode caer un animal entre a súa proba xenómica e a súa proba de descendencia, pero tamén poden mellorala nun rango similar. En concreto 8 daqueles touros melloran hoxe a súa proba, 9 empeórana e os outros 8 mantéñena nun rango de 100 puntos sobre a súa proba xenómica.

Respecto das avaliacións xenómicas, a poboación de referencia aumenta ata 32.767 touros xenotipados e con proba de descendencia. O número de animais xenotipados e avaliados foi de 53.902 incluíndo a poboación española formada por 4269 machos con código ESP e 9150 femias. O xenotipado de femias continúa aumentando mes a mes.

Consulta aquí a lista completa de 100 mellores touros xenómicos españois

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información