A Confederación de Asociacións de Frisoa Española (Conafe) acaba de publicar os resultados das probas de avaliación xenética correspondentes ao mes de marzo.
No catálogo dos 100 mellores touros xenómicos, cunha fiabilidade inferior ao 80%, destaca como principal novidade a entrada dun novo número 1: K&l Bc Snake II Batery, de Xenética Fontao, que acadou nada menos que 4.698 puntos. Séguelle Buiteneind K&B CV Clever, tamén da empresa pública galega, cun ICO de 4.682 puntos, e en terceira posición, tamén de Xenética Fontao, Arion, con 4.622 puntos ICO.
Velaquí un resumo dos 20 primeiros postos:
Catálogo de touros probados
En touros probados, cunha fiabilidade superior ao 80%, non se produciron grandes variacións con respecto ás probas de Conafe de Novembro. Así no catálogo dos 100 mellores touros de propiedade española, VVH Armónico, de Xenética Fontao, mantense imbatible no primeiro posto cun ICO de 4.058 puntos. Séguelle en segundo lugar RI Opsal Nissan ET, de Ascol, con 3.669 puntos, e Bos Seijo Bolton Torrel, de Xenética Fontao, con 3.650 puntos. Ao igual que no catálogo de touros xenómicos, o dominio da empresa pública galega é claro en touros probados.
Velaquí un resumo dos 20 primeiros postos:
Por último, en canto ao catálogo de 200 mellores touros por ICO proba nacional, a lista segue encabezada polo estadounidense Sully Hart Meridian ET, con 4.220 puntos; seguido de De-Su Gillespy ET, tamén de Estados Unidos, con 4.199 puntos e en terceira posición o galego VVH Armónico, cunha puntuación ICO de 4.058.
Velaquí un resumo dos 20 primeiros postos:
-Descarga aquí o católogo dos 100 mellores touros xenómicos españois. Proba de Conafe do mes marzo.
-Descarga aquí o católogo dos 100 mellores touros probados españois. Proba de Conafe do mes marzo.
-Descarga aquí o católogo dos 200 mellores touros probados. Proba de Conafe do mes marzo.