Resultados da poxa de gando Frisón de MOEXMU

Resultados da poxa de gando Frisón de MOEXMU

Este sábado celebrouse dentro da XXXIV Mostra de Exposición de Muimenta (MOEXMU) unha poxa de gando frisón organizada por Africor Lugo. Nesta ocasión saíron á venda dous machos de monta natural e dez femias, tres delas xovencas próximas ao parto e o resto vacas paridas.

Vendéronse dez dos animais presentados, cun volume de vendas de 18.400€, e cun prezo medio das femias de 1.972€, un prezo algo máis baixo que na poxa do mes anterior en Chantada, donde se venderon por 2.084 € de media.

A vaca parida que chegou ao prezo máis alto foi a presentada pola gandería Tio Andrés, de Sarria, que chegou aos 2.200€, unha Epic de 2º parto, parida de xullo, cualificada MB86, con nai e avoa tamén MB. Fue comprada pola gandería Pena Guisande, de O Páramo (Lugo), unha explotación que neste ano ven puxando forte nas subastas de gando frisón de Galicia.

Das xovencas, a que máis se cotizou foi a presentada pola gandería Sobrado, de O Incio, unha filla de Melendi, preñada de xullo con Barman, con nai MB85, que chegou aos 1.900€.

Dende Africor Lugo valoran que “foi unha poxa con moito público, pero escasa en compradores, todos da provincia de Lugo”.

No concurso de gando o título de vaca gran campioa foi para Manteiga Shottle Luna, da gandería de Vila de Cruces Manteiga SC, que gañou tamén o título de mellor criador. O título de xovenca gran campioa foi para Vistahermosa Doorman Fani ET , copropiedade da Gandería Rei de Miñotelo e de Alberto Medina.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información