Resultados da poxa de gando frisón de Mazaricos

Resultados da poxa de gando frisón de Mazaricos

O conselleiro de Medio Rural, José González, durante a inauguración da poxa

Este domingo celebrouse no recinto feiral da Picota, en Mazaricos, a XIII Poxa de Gando Frisón Memorial José Moreira, como culminación dos actos da Semana Gandeira de Mazaricos 2019.

Vendéronse un total de 19 animais procedentes de ganderías da comarca do Xallas, principalmente, cun prezo medio que acadou os 2.534 euros. O prezo máximo logrouno CUNDINS CRISTEL BYWAY ET e CUNDINS ADELA SILLIAN, ambas da gandería CUNORDAM, de Zas, que chegaron aos 3150 euros.

A poxa, organizada por Africor Coruña, coa colaboración do Concello de Mazaricos e da Asociación Gandeiros de Mazaricos, está adicada a José Moreira, que foi director técnico de Africor Coruña durante máis de vinte anos e que faleceu o pasado ano.

resultados mazaricos 19

Máis imaxes da poxa:

poxa mazaricos 19 3 apaisada

poxa mazaricos 19 1

poxa 1 JoseGonzalez_Mazaricos

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información