Resultados do concurso de vacas e de manexadores de Feiradeza 2017

Resultados do concurso de vacas e de manexadores de Feiradeza 2017

Cristina Carro Iglesias, á dereita, foi elilxida mellor manexador

Este domingo celebrouse o XXII Concurso de Gando Frisón Feiradeza na categoría de vacas, no que a gran triunfadora volveu ser Gandería Carballeiras, de Lalín. A súa vaca, Carballeiras Bruno Bruna logrou o título de Vaca Gran Campiona, seguida de Manteiga Shottle Luna, de Gandería Manteiga SC.

En canto á vaca xoven, o campionato foi para Carballeiras Maccutchen Concava, mentres que o título de subcampioa foi para Baroncelle Xacobeo Paula, de Gandería Rato.

E na categoría de vaca intermedia, o primeiro posto foi para Carballeiras Hill Marta, tamén de Gandería Carballeiras, mentres que o subcampionato correspondeu a Perezselle Alpine, de Gandería Pérez.

Cristina Carro Iglesias mellor manexador

En canto ao concurso de manexadores o primeiro premio foi para Cristina Carro Iglesias, mentres que a segunda posición logrouna Abel Carballo Pena.

Feiradeza conclúe a súa edición número 33 asentándose como unha das mostras gandeiras máis sobranceiras de Galicia e un referente para o sector lácteo. Ao longo desta fin de semana puido verse a enorme calidade da cabana gandeira de Lalín e a categoría duns animais que ano tras ano amosan a súa excelencia.

Nesta edición de Feiradeza participaron máis dun cento de animais pertencentes a 20 gandarías diferentes das comarcas de Deza, Tabeirós e Terra de Montes.

Consulta aquí os resultados completos do concurso de gando frisón Feiradeza na categoría de vacas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información