Récord de exportacións españolas de nata líquida e de leite en po

Récord de exportacións españolas de nata líquida e de leite en po

España segue mellorando a súa deficitaria balanza comercial de produtos lácteos en 2018 grazas, fundamentalmente, ás exportacións récord de nata líquida e de leite en po con destino a outros estados membros da Unión Europea.

Así se pon en de manifesto no “Informe de conxuntura do sector de vacún de leite” deste mes de xuño elaborado polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

“En 2018 continúa a tendencia descrita, de forma que o balance arroxa cada vez un saldo menos negativo”, conclúe o informe. Comparando os datos dos últimos doce meses (de abril de 2017 a marzo de 2018) co período inmediatamente anterior, obsérvanse os seguintes balances en canto a volume se refire:

mercado_leite_españa_18

Destaca especialmente o incremento nun 53% das exportacións de nata líquida, mentres que as importacións caen un 14%, e tamén do leite en po, que aumenta un 62% as súas exportacións, aínda que as compras ao exterior deste produto tamén medran un 48%.

En canto aos queixos, o derivado lácteo no que a balanza comercial española é máis deficitaria, a evolución en termos de volume tamén é positiva, cun incremento interanual das exportacións do 12%, superior ao aumento das importacións, que foi do 4%.

Doutra banda, en relación ao valor económico destas operacións, prodúcese un aumento do 15,7% no caso das exportacións e do 11,5% no caso das importacións ao comparar ambos os períodos.

Analizando o comercio en valor, as exportacións incrementáronse aproximadamente un 21% e as importacións reducíronse en case un 14%, con respecto ao valor das mesmas en 2016.

España exporta nata líquida a granel e importa queixos

En canto á comparativa entre a balanza comercial de produtos lácteos de 2017 coa de 2016, o informe do Ministerio de Agricultura destaca que “a balanza comercial foi menos negativa”. En relación aos produtos máis destacados nas operacións comerciais co exterior destacan:

-A nata líquida a granel, os leites fermentados e os queixos foron os produtos con maior volume de exportación. Os destinos destas exportacións foron, principalmente, outros estados da UE, algúns deles da nosa contorna máis próxima como Francia, Portugal ou outros como Reino Unido.

-Os queixos, os leites fermentados e o leite líquido envasado foron os protagonistas das importacións. A orixe destas importacións foi principalmente comunitario e destacaron Francia, Portugal. Alemaña e Países Baixos.

O volume do comercio exterior de 2017 para todos os produtos respecto ao ano anterior obsérvanse os seguintes balances:

mercado_leite_españa_17

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información