Rabobank cre que os prezos do leite repuntarán cara o 2017

O servizo de análise da compañía considera que o mercado lácteo manterase débil durante todo 2016, pero confía nunha recuperación progresiva da demanda dos países importadores

Rabobank cre que os prezos do leite repuntarán cara o 2017

Rabobank espera que a gandeiría europea free o aumento da produción.

O análise trimestral do mercado lácteo de Rabobank apunta a un panorama continuista na situación dos prezos do leite durante 2016. O servizo de investigación do banco holandés considera que os prezos no campo repuntarán cara o 2017, da man dunha recuperación da demanda internacional de produtos lácteos.

As perspectivas a curto prazo continúan sendo, por tanto, pesimistas. A previsión é que os baixos prezos reduzan o crecemento da produción en Europa, se ben a produción non caerá, polo que o mantemento dos actuais prezos e a súa posible recuperación dependerá do aumento do consumo.

Rabobank sinala que o consumo de lácteos continúa crecendo en Asia e Estados Unidos e prevé un crecemento lento pero constante nas principais rexións importadoras de lácteos.

Noutras zonas produtoras do globo, caso de Nova Zelanda, a produción da campaña 2015/2016 será máis alta do agardado debido ao aumento de choivas no verán do globo sur. En Estados Unidos, os prezos tenden á baixa polos altos stocks e o debilitamento da balanza comercial, en tanto en Arxentina e Brasil a produción está a contraerse, lastrada por altos custos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información