¿Que vacas emiten máis gases contaminantes: as que pacen ou as que están estabuladas?

Unha investigación levada a cabo en ganderías de vacún de leite de Galicia conclúe que as vacas estabuladas e que reciben unha ración de forraxe só de silo de millo emiten un 45% máis de gases de efecto invernadero que aquelas que se alimentan do pastoreo

¿Que vacas emiten máis gases contaminantes: as que pacen ou as que están estabuladas?

As vacas que basean a súa alimentación no pastoreo, sexa en ecolóxico ou en convencional, emiten até un 45% menos de gases de efecto invernadoiro que aquelas que están estabuladas e que inxeren como forraxe única o silo de millo. Porén, se se mide por litro de leite, as vacas que pastan teñen maior pegada de carbono, até un 35% máis, ao ser menos produtivas.

Esta é unha das conclusións do proxecto EUREL, unha investigación que busca medir a pegada de carbono nas ganderías de vacún de leite de Galicia. O estudo está coordinadado pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias (AGACA) e participan o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM-INGACAL) e a Cooperativa Agraria Provincial da Coruña.

EUREL PEGADA DE CARBONO 1

Para medir a pegada de carbono ou GWP (acrónimo del inglés Global-warming potential) estudáronse durante os anos 2018 e 2019 algo máis de 1100 vacas de 10 ganderías de vacún de leite de Galicia e pertendentes a 5 sistemas de manexo e de alimentación: 1 granxa en ecolóxico, 2 en pastoreo en convencional, 2 coas vacas estabuladas e alimentadas en base a silo de herba; outras 2 granxas con estabulación e cunha ración de silo de millo e de silo de herba e outras 3 ganderías coas vacas estabuladas pero co silo de millo como forraxe única.

Pegada de carbono por vaca: 

EUREL PEGADA DE CARBONO 2

As conclusións revelan que se se mide a pegada de carbono por animal, as granxas en pastoreo e en ecolóxico son as que saen mellor paradas, cunha media duns 7900 kilos de CO2 equivalentes por animal. As que alimentan as vacas nun sistema estabulado e en base a silo de herba e silo de millo son as segundas con menores emisións contaminantes, cun promedio de 9.427 kilos de CO2 equivalentes ao ano, mentres que as ganderías que basean a alimentación dos seus animais só en base a silo de herba ou silo de millo son as que teñen maior pegada de carbono: 10.743 e 11020 kilos de CO2 equivalentes, respectivamente.

Por litro de leite, as vacas en pastoreo teñen maior pegada de carbono

EUREL PEGADA DE CARBONO 3

Sen embargo, se se analiza a pegada de carbono por litro de leite os resultados invírtense. En concreto, as granxas cunha alimentación baseada no pastoreo son as máis contaminantes, ata un 35% máis de pegada de carbono, ao ter unha media de produción de leite por vaca máis reducida (de media un 40% menos).

Deste xeito, as ganderías nas que as vacas están estabuladas e son alimementadas en base a silo de millo e silo de herba son as máis eficientes en pegada de carbono, cunha media de 832 gramos de CO2 equivalentes por cada litro de leite producido. Ségunelle en segundo lugar as que basean a alimentación en silo de millo, con 859 gramos, e as en ecolóxico, con 1013 gramos por litro de leite. As que realizan pastoreo en convencional son as que máis pegada de carbono terían por litro de leite, cunha media de 1125 gramos.

“A clave para reducir a pegada de carbono é mellorar a eficiencia”

A tendencia destas ganderías analizadas no proxecto EUREL revelan que entre 2018 e 2019 melloraron a súa eficiencia ao reducir a súa pegada de carbono, medida en GWP, por animal un 3% e un 4,25% por litro. Outro dato que mostra a maior eficiencia no uso dos recursos é que as 10 gandarías galegas de vacún de leite analizadas aumentaron un 8,80% a súa produción de leite este ano con respecto a 2018, pero empregando a mesma superficie agraria e con só un 1,44% máis de vacas.

EUREL PEGADA DE CARBONO 4

“Pódese reducir a pegada de carbono das ganderías de vacún de leite mantendo a eficiencia produtiva. Se o logro serei máis eficiente, non só en termos medioambientais, senón tamén en termos económicos, e polo tanto serei máis competitivo”, destacou Mario Fernández Redondo, técnico de AGACA, durante a xornada de presentación dos resultados.

“O correcto cálculo da Pegada de Carbono é unha fase de diagnose na que o sector lácteo deberá poñer todo o seu empeño. Non tanto para comparar os valores entre explotacións, senon pensando en ser máis eficientes”, subliña.

¿Como se reparte a pegada de carbono nunha gandería de vacún de leite de Galicia?

O proxecto EUREL tamén analizou como se reparte a pegada de carbono, medida en porcentaxe de GWP por litro de leite, nas gandarías analizadas.

Neste sentido, a maior parte, o 48,%, corresponde a todo o que é os cultivos das forraxes e pensos para a alimentación do gando, e o 47% á fermentación entérica dentro do rume da vaca.

EUREL PEGADA DE CARBONO 5

A gandería só é responsable do 5% das emisións de gases contaminantes da Unión Europea

Para situar a responsabilidade de cada sector na problemática do quecemento global, hai que lembrar que a agricultura e a gandería son responsables do 9,58% das emisións de gases de efecto invernadoiro da Unión Europea, correspondendo á segunda só 5% desas emisións.

Máis información:
As medias verdades sobre o impacto ambiental da gandaría

image_print

Una idea sobre “¿Que vacas emiten máis gases contaminantes: as que pacen ou as que están estabuladas?

  1. Alberte Lamazares

    Ola
    No estudo tamén se contabilizan o co2 que cada explotación elimina a traves da fotosíntese??

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información