¿Que cambia co aumento das indemnizacións por sacrificio obrigatorio de animais?

O Goberno aumenta as indemnizacións en vacún do 75 ao 85% do valor de mercado do animal

¿Que cambia co aumento das indemnizacións por sacrificio obrigatorio de animais?

O Goberno aumenta as indemnizacións en vacún do 75 ao 85% do valor de mercado do animal

O Consello de Ministros aprobou aprobou este venres, a proposta do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, un Real Decreto polo que se incrementan as porcentaxes de indemnización por sacrificio obrigatorio de animais no marco dos programas nacionais de loita, control e erradicación da tuberculose bovina, brucelose bovina, brucelose ovina e caprina, lingua azul e encefalopatías esponxiforme.

A nova norma, publicada este sábado no Boletín Oficial do Estado presenta os seguintes cambios con respecto á normativa de 2011:

-En gando vacún actualízanse as contías para percibir polos gandeiros titulares das explotacións afectadas, incrementándose do 75% ao 85% do valor de mercado dos animais.

-Mantense o baremo será do 100 por cen en caso sen carga sanitario. A contía resultante en cada caso incrementarase nun dez por cen nos casos de pertenza da explotación a unha Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira. Engádese que “a contía tamén se incrementará un cinco por cento adicional se se trata de razas autóctonas, sempre que se trate de animais inscritos no correspondente libro xenealóxico. Non obstante o anterior, as comunidades autónomas poderán limitar a contía final a percibir nun máximo de 1.500.000 euros por explotación”.

Por outra banda, o goberno tamén modifica o Real Decreto 82/2015, do 13 de febreiro, polo que se establecen as bases reguladoras para a concesión das subvencións para a repoboación da explotación en caso de baleirado sanitario.

En concreto:

-Repoboación.

Mantense que “a primeira introdución de animais das especies vacúa, ovina ou cabrúa nunha explotación gandeira, tras o baleirado sanitario da mesma e ata a constitución do rabaño, que non poderá superar o prazo de 12 meses desde a autorización de entrada de animais seguindo as instrucións ditadas para o efecto pola autoridade competente”.

Con todo, a nova norma engade que “non obstante, baixo as condicións que estableza a Autoridade Competente da Comunidade Autónoma onde teña lugar o baleirado sanitario, a repoboación poderase efectuar nunha explotación distinta da que tivo lugar este, sempre que polo menos ambas as explotacións pertenzan ao mesmo titular e estean situadas na mesma Comunidade Autónoma”.

Elévase de 75.000 a 100.000 euros o importe máximo das axudas en caso de baleirado sanitario

-Contía das axudas.

A nova norma tamén modifica o artigo 6 relativo ao importe máximo das axudas en caso de baleirado sanitario, que pasa de 75.000 a 100.000 euros por titular, e do 75 por cento do valor dos animais sacrificados ao 85%.

En concreto, a nova lexislación establece que:

“A contía máxima da axuda será a resultante de restar ao custo total de adquisición ou arrendamento con opción de compra, dos animais, as contías percibidas en concepto de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio dos animais, o valor percibido no matadoiro ou industria cárnica polos mesmos, e o do correspondente seguro en caso de cubrir a póliza o mesmo obxecto e finalidade que o das axudas reguladas neste real decreto.

Así mesmo, a axuda limitarase ao valor do 85 por cento dos animais sacrificados. A estes efectos, para determinar o valor dos devanditos animais, poderá acudirse ao que lles corresponda en cada caso en función do seguro aplicable no Plan de Seguros Agrarios Combinados anual. En todo caso, o importe máximo por explotación será de 100.000 euros”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información