Publicada a lista provisional dos beneficiarios das axudas de mínimis ao sector lácteo

Concédese un prazo de dez días hábiles para que os gandeiros, incluídos na relación de beneficiarios, accedan ao formulario dispoñible na web e acheguen a información necesaria para efectuar o pago

Publicada a lista provisional dos beneficiarios das axudas de mínimis ao sector lácteo

Protesta polos baixos prezos do leite

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente publicou hoxe na súa páxina web, a proposta de resolución provisional dos gandeiros beneficiados polas axudas de mínimis, destinadas a compensar as dificultades económicas no sector lácteo.

A resolución inclúe nun anexo a lista dos beneficiarios das axuda. A elaboración desta resolución realizouse de oficio a partir da información de que dispón o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, en relación tanto aos prezos percibidos como aos animais subvencionables de cada gandeiro.

Recibirán esta axuda aqueles gandeiros cuxas liquidacións polo leite entregado en cada un dos meses de abril, maio, xuño e xullo se situase por baixo dos seguintes limiares:

-Limiar 1. Para os gandeiros cuxas liquidacións en cada un dos meses indicados situáronse por baixo de 0,259 €/kg o importe da axuda será de 300 euros por vaca.

-Limiar 2. Para os gandeiros cuxas liquidacións en cada un dos meses indicados situáronse por baixo de 0,285 €/kg o importe da axuda será de 110 euros por vaca.

En todo caso, para percibir axuda, haberá que estar por baixo dalgún dos dous limiares durante os catro meses de abril a xullo de 2015, percibíndose a axuda máxima só se se estivo por baixo do limiar 1 os catro meses de abril a xullo 2015.

En base a esta información o Anexo contén a relación dun total de 7.028 beneficiarios, dos que 2.283 recibirían a maior intensidade de axuda e 4.745 recibirán a intensidade menor.

Os importes asignados a cada gandeiro na relación provisional foron axustados de acordo ao establecido no artigo 5 do Real Decreto 849/2015, ao obxecto de non exceder o orzamento global máximo destinado a esta axuda e que ascende a 20 millóns de euros.

Prazo de dez días a contar desde mañá para achegar a documentación

Os gandeiros incluídos na lista publicada dispoñerán dun prazo de dez días hábiles, a contar desde mañá, para acceder ao formulario que se habilitará na mesma páxina web do Ministerio e achegar a información e documentación necesaria para efectuar o pago. Este é un requisito fundamental para poder acceder á axuda, sen o cal o beneficiario non poderá cobrala.

Unha vez solicitados todos os datos, e realizadas as comprobacións e axustes necesarios, o Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) publicará unha resolución definitiva.

Estas axudas, cun orzamento total de 20 Millóns de euros, deben entenderse como unha medida excepcional de emerxencia, que se complementará con outra axuda básica tamén dirixida a mellorar a liquidez, que se concederá proximamente a todos os gandeiros de vacún de leite, e que contará cun montante global  de 25,5 Millóns de euros adicionais.

En breve publicarase o Real Decreto que regulará a axuda básica. De momento adiántase que dita axuda concederase de oficio a todos os gandeiros en función das entregas de leite realizadas entre os meses de abril e xullo. O pago realizarase aos gandeiros que presentasen a solicitude única da PAC en 2015, polo que non será necesario realizar unha solicitude de axuda específica, nin que o gandeiro participe na tramitación da axuda.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información