Prosegue a suba do prezo medio do leite no campo

O mes de novembro sáldase cunha cotización media en Galicia de 29,7 céntimos litro, uns 3 céntimos máis que no mes de xullo. A comunidade continúa á cola de España na valoración da súa produción

Prosegue a suba do prezo medio do leite no campo

As cotizacións están a repuntar nos últimos meses.

Os prezos do leite no campo continúan a senda de ascenso dos últimos meses. En novembro, chegaron ós 29,7 céntimos litro de media en Galicia, 0,4 céntimos máis que un mes antes e 3 céntimos máis que en xullo, segundo os datos do Fondo Español de Garantía Agraria (Fega). A parte negativa é que a comunidade continúa á cola de España, xunto con Murcia, na valoración da súa produción.

As cotizacións medias no conxunto de España foron en novembro de 31,3 céntimos, 0,7 céntimos máis que en outubro. En canto ós volumes de produción a nivel estatal, continúan en descenso na última parte do ano, cunha redución do 1,4% en novembro en relación ó mesmo mes do ano anterior. En Galicia, a baixada de entregas é maior e ronda unha caída do 3% en relación a novembro do pasado ano.

No conxunto do ano (xaneiro-novembro), non obstante, os datos a nivel estatal apuntan a un aumento da produción do 1,6% (+ 100.000 toneladas).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información