Programa das Xornadas de Vacún de Leite de Talavera de la Reina

Publicidade
Programa das Xornadas de Vacún de Leite de Talavera de la Reina
Data inicio: 21/11/2019
Data fin: 22/11/2019
Lugar: Complejo La Hacienda, Camino de Turiel, Talavera de la Reina, España

O 21 e 22 de novembro de 2019 celebrarase a novena edición das Xornadas de Vacún de Leite de Talavera de la Reina organizadas por Servet Talavera SL, empresa dedicada ao asesoramento integral de Control de Mastite e Calidade de Leite.

O evento terá lugar nas instalacións do Complexo La Hacienda situado en Camino del Turiel s/n en Talavera de la Reina (Toledo). As xornadas están dirixidas a todas aquelas persoas que teñan interese na produción de leite, xa sexan gandeiros, veterinarios, representantes de empresas implicadas dalgunha maneira no sector como empresas farmacéuticas, de nutrición, industrias lácteas, de maquinaria, etc.

Unha vez máis a calidade de bótea será o eixo central das xornadas, con relatoras de gran prestixio procedentes de España, Estados Unidos, Holanda e Noruega, que abordarán distintos temas de actualidade.

Así, dentro da mastite, trataranse os problemas que ocasiona o Streptococcus uberis así como do papel da vacinación na prevención da mastite. A importancia do diagnóstico da mastitie e máis concretamente falarase das vantaxes do cultivo en granxa.

Tamén se tratarán temas de gran importancia en bovino de leite como son o manexo das camas, a robotización das explotacións e máis concretamente do muxido, a repercusión que ten na rendibilidade da explotación o manexo da recría e a importancia dunha produción de leite sustentable en relación cun uso prudente de antibióticos. Doutra banda, a nutrición segue sendo un tema de gran importancia pola súa repercusión nos custos de produción e por iso discutirase acerca da importancia da produción de forraxes de calidade e de como ser eficientes e á súa vez repercutir en menor medida na achega á pegada de carbono.

As inscricións débense facer a través da web http://www.servettalavera.es/jornadas.aspx

Velaquí o programa:

SERVET TALAVERA 2 SERVET TALAVERA 1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información