Este domingo pola mañá celebrouse a XII Poxa de Gando Frisón de Mazaricos, con éxito de asistencia de público e de resultados, e que puxo o broche final á Semana Gandeira. Esta subasta estivo organizada polo Concello de Mazaricos, Africor Coruña e pola asociación Gandeiros de Mazaricos.
Dos 26 animais presentados, todos eles de ganderías da provincia da Coruña, foron subastados 25, cun prezo medio de 2.229 euros e cun importe total de 43.300 euros.
A máxima cotización acadouna Cundins Sheira Megasire, presentada pola ganadería Cunordam, S.C. de Zas, unha primeiriza parida no mes de setembro e cun GICO de 2.775 puntos. Partiu cun prezo de 2.100 euros, e tras unha animada e disputada poxa, acadou os 3.250 euros, pagados pola gandería SAT Busto Corzón, de Mazaricos.
O segundo mellor prezo logrouno Campa Altahotrod Special, unha vaca tamén primeiriza, parida en setembro, e cun GICO de 3.884 puntos. Este animal, da gandería SAT A Campa, de Curtis, saíu cun prezo de 2.400 euros e vendeuse por 3.000 euros á Gandería Rubio SC, de Santa Comba.
Tan só tres animais, dos 26 poxados, baixaron dos 2.000 euros e a cotización máis baixa foi 1.800 euros.