Prevén que o prezo do leite se manteña nunha media de 0,32 € litro nos próximos años

O IFCN, un centro de investigación con sede en Alemaña e que analiza dende hai 20 anos a evolución da produción láctea en máis de 100 países, ven de publicar o seu informe lácteo anual,

Principais tendencias:

-Crecemento baixo da produción de leite en 2019:

2018 foi un ano medio de crecemento da produción de leite nos 120 países analizados no informe do IFCN, con algunhas rexións afectadas por eventos negativos como a seca na Unión Europea. Mentres tanto, o 2019 apunta a un baixo crecemento de +8,3 millóns de toneladas de sólidos lácteos corrixidos debido a varias razóns.

Por un lado, o crecemento parece desacelerarse debido ao menor crecemento da produción de leite na India en 2019, provocado por prezos estables do leite e un aumento dos prezos dos pensos, co que se reduciu a rendibilidade do negocio naquel país, primeiro productor mundial de leite.

Por outra banda, o hemisferio sur viuse afectado por acontecementos meteorolóxicos adversos como a seca en Australia, mentres que Arxentina foi afectada por cuestións económicas internas, como a devaluación da moeda levando a maiores custos para a produción de leite.

IFCN TENDENCIAS 1

2) Produción mundial de leite e tendencias de prezos:

O prezo medio do leite a nivel mundial sitúase neste momento en 35 dólares/ por cada 100 kg de leite, o prezo medio dende 2017, co que se encadea un inusualmente longo período de case tres anos de estabilización dos prezos. Isto apunta cara a que hai unha oferta e unha demanda equilibradas. E os indicadores de cara ao futuro apuntan á estabilidade continua nos 36 dólares americanos ou 32 euros/ 100 kg de leite), grazas a unha demanda estable, un prezo do petróleo con poucas oscilacións a aos baixos prezos dos pensos.

IFCN TENDENCIAS 2

3) Dous momentos clave para o prezo mundial do leite:

Mirando cara atrás, o IFCN detecta que o prezo mundial do leite experimentou un cambio significativo no 2006, cando o nivel de prezos case se duplicou por mor da subida subxacente dos prezos das materias primas, sobre todo do penso, pero tamén do petróleo, cun incremento do 200%.

Este nivel de prezos durou ata 2016 cun prezo medio mundial do leite de media en 40 USD / 100 kg. Dende aquela descendeu ata os 35 USD / 100 kg e estabilizouse grazas a dúas dinámicas novas: un importante incremento do prezo da graxa e da proteína láctea e unha revalorización global do prezo e do consumo de manteiga.

IFCN TENDENCIAS 3

Evolución rexional da produción de leite:

Para rastrexar a produción de leite a nivel global, as tendencias rexionais deben ser controladas e entendidas. Como se pode ver no mapa (Fig. 4), as rexións con maior produción son o sur de Asia, con India e Paquistán á cabeza, e Europa occidental que en conxunto supuxeron o 47% da produción de leite en 2018.

Sen embargo, a dinámica difere moito por rexión e IFCN observou que as rexións fortes creceron e as débiles diminuíron a súa produción de leite entre un 3 e un 5% cada ano.

En xeral, detéctanse catro tipo de rexións:

1) “Foguetes” como a illa sur de Nova Zelandia con taxas de crecemento anuais do 5 ao 10% na produción de leite grazas a investimentos, 2) “Pasos atrás” como Xapón que caracterízanse por un declive constante provocado pola falta de relevo xeneracional.

3) “Montañas” , coa rexión chinesa de Mongolia Interior como exemplo, que experimenta un crecemento seguido dun descenso debido a unha mala situación económica das granxas e 4) as rexións de “Despertar” como Irlanda, cunha produción estable seguida dun rápido crecemento como resultado de cambios na estratexia política do país. Estes patróns son clave para planificar eficazmente o deseño de políticas de transformación de produtos lácteos, así como investimentos en granxas e en industrias lácteas.

IFCN TENDENCIAS 4

Estrutura das granxa:

A nivel mundial, hai 116 millóns de explotacións cun rabaño medio de 3,2 vacas, pero estas granxas están a experimentar un profundo cambio estrutural que adoita ser subestimado en termos da súa velocidade.

Por áreas xeográficas, mercados emerxentes como Brasil están no inicio da transformación, xa que contan cun 60% de pequenas explotacións. A Unión Europea ten un paso por diante con case un número igual de explotacións medianas e grandes e actualmente enfróntase á pregunta de como destinar as axudas da PAC para apoiar estas explotacións. Nos Estados Unidos a maioría da súa produción concéntrase en grandes explotacións, o que que aumenta o problema de resiliencia ou resistencias destas explotacións durante tempos de baixos prezos do leite.

Neste contexto, cabe destacar que, aínda así as granxas de vacún de leite son capaces de manterse no mercado, pois a granxa media na UE e nos EEUU experimentou un aumento anual da produción de leite dun 8% no período 2013-18 grazas a aumentos da produción media por vaca e tamén do tamaño do rabaño.

IFCN TENDENCIAS 5

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información