A planta de Nestlé en Galicia empeza a exportar a Oceanía e aumentará a súa recollida de leite máis dun 10%

A planta de Nestlé en Galicia empeza a exportar a Oceanía e aumentará a súa recollida de leite máis dun 10%

Fábrica de Nestlé en Pontecesures (Pontevedra)

A fábrica de Nestlé España de leite condensado, situada na localidade pontevedresa de Pontecesures, empezou a exportar a Australia, tras o peche por parte da multinacional suíza da única planta que tiña naquel país, a de Tongala, cuxa produción pasará a ser absorvida pola fábrica galega. Así, a planta de Pontecesures ten previsto elaborar unhas 7.000 toneladas de produto anuais que irán a este destino.

Ademais, a factoría galega incrementou o volume que produce para Nova Zelandia, un dos principais mercados exportadores de leite a nivel mundial. Mentres que até o momento a factoría elaboraba ao redor de 150 toneladas anuais, espera aumentar a produción a 1.300 toneladas ao ano para este país.

Como consecuencia, a fábrica ten previsto alcanzar case 60.000 toneladas de produto elaborado en 2020, cifra que representa un incremento do 13% no volume de produción. Para facer fronte a este aumento produtivo, a factoría ampliará o seu persoal en 5 persoas e prevé contar con 180 traballadores, de persoal medio, o próximo ano.

Así, o centro elaborará para estes países de Oceanía tanto os botes de 397 gramos de cocido de leite e leite condensado, como os formatos sirvefácil de doce de leite e o tubo de 170 gramos de leite condensado. Todos eles producidos con leite galego. Para iso, de forma diaria, prevese que se descarguen na factoría ao redor de 350.000 litros de leite, recollidos na súa maioría nas máis de 150 ganderías galegas, situadas nun radio máximo de 60 quilómetros, que se prevé que traballen coa fábrica o ano que vén.

80 anos producindo leite condensado

A fábrica de Nestlé en Pontecesures é unha das máis veteranas da Compañía en España. Aínda que a planta inaugurouse en 1939, ten a súa orixe na constitución de Ilepsa (Industria Leiteira Peninsular, S.A.), empresa propiedade de Nestlé que se fundou o 1 de febreiro de 1938. A pesar diso, non foi até o 16 de agosto de 1939 cando saíu da planta galega o primeiro bote de leite condensado que se produciu.

En 1983, esta planta de Pontecesures converteuse na única fábrica do grupo en España dedicada á fabricación de leite condensado. Ademais, desde 2012, esta factoría é tamén a única de Nestlé na zona EMENA (Europa, Oriente Medio e Norte de África) que se dedica á produción deste produto.

A fábrica de Pontecesures conta na actualidade con 7 liñas de enchido e espera pechar este 2019 cun volume de preto de 55.000 toneladas elaboradas. O 66% desta produción expórtase a Oriente Medio, Europa .sendo os seus principais destinos Reino Unido, Francia, Portugal, Italia e Bélxica-, África Central, o Magreb, Nova Zelandia e, ademais agora, Australia.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información