Os testemuños dos gandeiros na tractorada de Santiago

Os testemuños dos gandeiros na tractorada de Santiago

José Calviño, de Servizos Agroforestales Miramontes.

José Calviño, de Servizos Agroforestales Miramontes.
Somos unha empresa de servizos agrarios, e como tamén vivimos dos gandeiros, vimos a apoialos.
As medidas que está poñendo a administración: ao paso que vamos imos ter que vender todo. A agricultura é unha cadea e se aos gandeiros lles pagan pouco e tarde polo leite, ou mesmo non lles pagan, acaba repercutindo en todos. Nós, por exemplo, temos bastante diñeiro que nos deben. Eu teño dez obreiros e se non cobramos teño que botalos ao paro.

José María, gandeiro de Negreira.
Estamos en Feiraco con 27 céntimos. Vimos de Negreira. A administración terá que apretar á distribución, porque ela é a que está tirando cos prezos para abaixo. O Goberno non está facendo nada.

José Ramón e José María

José Ramón e José María

José Ramón Boullón, de Rois. Gandeiro xubilado. 80 anos
Non é de xustiza que en Asturias aos gandeiros lles paguen 3 céntimos máis que aos galegos. Fun gandeiro e estarei con eles ata a morte. Temos veciños sen cobrar o leite dende hai 4 meses. A axuda de 300 euros por vaca é unha esmola, o gandeiro quere cobrar un prezo xusto polo seu traballo.

Damián, de Negreira.
Teño 40 vacas en muxido. Traballo eu e a miña muller e se sigue así imos ter que pechar. Estamos en Feiraco e os prezos seguen baixando dende hai meses. Se hai que ir a unha folga de entregas iremos porque a situación é insostible. Esta noite teremos que volver á casa a ir muxir e mañá volveremos.

SANTIAGO_TRACTORADA_gandeiros_05_STANDAR

Casimiro, en primeira fila á dereita, con outros veciños gandeiros.

Casimiro Seco. Gandeiro de O Pino.
Queremos que nos paguen o leite a un prezo razonable. Vendemos a Lactalis a 0,27 € o litro. Hai gandeiros que están cobrando a 20 e a 18 céntimos, tanto de primeiros compradores como de industrias lácteas. Somos unha explotación familiar con 45 vacas en muxido.

Os pequenos temos que desaparecer pero, como di un compañeiro, cando todos sexamos curas veremos quen vai á misa. Non queremos un caramelo para que quedemos contentos antes das eleccións de decembro e logo volver á mesma situación.

Gandeiro de Touro. Non da o seu nome por medo a represalias da industria
Teño unha explotación familiar. Cobramos a 27 céntimos de media na comarca de Arzúa e como sigan así os prezos van pechar bastantes explotacións. O Goberno ten que lexislar para facer cumprir o acordo, un decreto que sexa de cumprimento obrigatorio para industria e distribución, porque senón o acordo non vai valer de nada. A Xunta ten que apoiar ao sector, non podemos seguir 30 anos como ata agora: Os nosos avós tiveron problemas, os nosos pais tamén e agora nós. Necesitamos unha estabilidade.

SANTIAGO_TRACTORADA_gandeiros_04_STANDAR

Manuel con outros fillos de gandeiros

Manuel Doporto, de Rodeiro (Pontevedra)
Temos 140 cabezas de gando e estamos na puta ruína. Se non se amaña nun par de meses temos que deixar de pagar a provedores. Agora mesmo estamos en 27 céntimos e baixando todos os meses, por índices. As materias primas e os custos non baixan e a situación é insostible. Vendemos a través dunha cooperativa a Danone.

Esta tractorada é para que a ministra vaia con máis forza de negociación en Bruxelas. Non é unha mobilización contra o Partido Popular, é a favor de nós. A nosa zona corre risco de despoboarse en 20 anos porque non temos servizos, non hai concentración parcelaria e con estes prezos do leite é imposible seguir vivindo no rural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información