“Os leites vexetais son un engano publicitario, as súas propiedades non son comparables ás do leite de vaca”

Entrevista a Carlos Spuch Calvar, investigador do Instituto de Investigación Biomédica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

“Os leites vexetais son un engano publicitario, as súas propiedades non son comparables ás do leite de vaca”

Carlos Spuch Calvar. Autor: Universidade de Vigo

Carlos Spuch é investigador desde fai máis dunha década no Instituto de Investigación Biomédica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Está especializado en enfermidades neurolóxicas e dexenerativas e en como a alimentación afecta a esas enfermidades. Acaba de participar na Semana Gandeira de Mazaricos para apoiar con datos científicos os beneficios do consumo do leite, en especial do leite pasteurizado, “un alimento completo e con numerosos efectos beneficiosos sobre a nosa saúde”.

Que beneficios achega o consumo moderado de leite?
Por exemplo, o tomar leite quente antes de deitarse achega triptófano, un aminoácido esencial, que incrementa os niveis de serotonina no cerebro e proporciona a sensación de pracer, favorecendo a entrada nun sono de calidade. Tamén está comprobado que o leite, e en especial o leite enteiro pasteurizado, axuda a recuperar a flora intestinal, reduce as infeccións por bacterias malas como o Helycobacter Pylori e mellora as diarreas producidas por antibióticos.

Ademais, o consumo diario de leite ten efectos anticanceríxenos e protectores, sobre todo para cancro de próstata, de mama, de ovarios e colon-rectal. E para os deportistas é o alimento ideal, xa que ten unha alta concentración de proteínas.

Por outra banda, está demostrado que consumir leite habitualmente reduce a hipertensión arterial.

Neste sentido, unha das liñas de traballo na que quero traballar é nos efectos beneficiosos do leite para reducir a inflamación de células cerebrais, así como os seus efectos antiproliferativos de células tumorais no cerebro.

Son comparables as propiedades nutricionais do leite de vaca coas chamadas “leites” vexetais?
Non son comparables, o leite de vaca é moito mellor. De feito, o leite de vaca é imposible de replicar en laboratorio pola cantidade de vitaminas, factores de crecementos, nutrientes…etc; mentres que os mal chamados leites vexetais é moi sinxelo replicalos.

“Os leites vexetais son un engano publicitario, as súas propiedades non son comparables ás do leite de vaca”

Os zumes de soia, avea…etc, non son leite. Que os fabricantes lles chamen leite é un engano publicitario e non entendo como non intervén o Ministerio correspondente para obrigarlles a cambiar o nome.

A que obedece a campaña contra o consumo de leite de vaca?
É algo que non me explico. Hai 8.000 anos que en Europa tomamos leite e nos últimos 20 anos cambiouse todo. O lóxico é que se consuman os produtos locais, como o leite para apoiar aos nosos gandeiros e ao noso rural, e non os zumes vexetais elaborados a partir de soia ou outros vexetais procedentes, en gran medida, da deforestación da Amazonía. E desde o punto de vista nutricional, non hai comparación coa riqueza do leite de vaca.

Que se debería facer para contrarrestar esta campaña contra o leite de vaca?
Creo que a Administración debería publicitar máis a calidade dos produtos lácteos galegos. É algo que se fixo, por exemplo, co viño: grazas ás campañas de información á opinión pública hoxe case todos os consumidores coñecen e valoran as propiedades beneficiosas dun consumo moderado de viño. Deberíanse dar a coñecer á opinión pública a través de campañas de información os numerosos estudos científicos que avalan as propiedades beneficiosas do consumo de leite.

“Falta unha cooperación entre gandeiros, consumidores, investigadores e administración”

Algo que temos pendente en España é crear unha interrelación entre investigadores, gandeiros, consumidores, industria e Administración para defender ao sector lácteo e as propiedades do leite. Se cooperamos todos podemos achegar algo positivo para o sector.

Nos últimos anos disparáronse en España os casos de intolerancia á lactosa. A que se debe esta proliferación?
É certo que as consultas de pediatría están agora cheas de xente intolerante á lactosa e ao glute. O máis fácil para o médico é retirar o leite sen pescudar realmente as causas.

Porque na maioría dos casos en Europa o leite non é o problema das inflamacións intestinais, senón máis ben a solución, sobre todo o leite pasteurizado.

 “Deberíase volver ao leite pasteurizado, moito máis beneficioso e nutritivo”

Para consumir leite necesitamos unha encima, a lactasa, que está no intestino e nas bacterias, os lactobacilus. O problema é que consumimos demasiado leite UHT e ao tomalo durante moitos anos e moito tempo acaba destruíndo flora bacteriana como os lactobacilos. Por iso, un vaso de leite pasteurizada é moi recomendable e tan efectivo ou máis que os iogures ou demais derivados lácteos que nos venden con lactobacilos.

Non é casual que a implantación do sistema UHT en España durante o últimos vinte anos coincida cun aumento das intolerancias á lactosa, debido a que ao quentala a 138 graos tanto a caseína como o triptófano altéranse, de forma que se reduce o efecto beneficioso tanto sobre a flora intestinal como o efecto pracenteiro. O sistema UHT é moi bo desde o punto de vista comercial, xa que permite transportar o leite a mercados afastados e conservala durante varios meses. Pero en Galicia e en España deberiamos volver ao leite pasteurizado, moito máis beneficioso e nutritivo, e que podemos conservar na neveira durante varios días.

 “A graxa do leite é moi boa, cun equilibrio entre ácidos graxos Omega 3 e Omega 6 equiparable ao peixe”

Estiven a vivir en Suecia, un dos maiores consumidores de leite do mundo, e todo o leite que se vende é pasteurizado e procede de granxas suecas. Ademais, non se retira tanta graxa do leite como en España

Pero non é mala a graxa do leite para a saúde?
A graxa do leite é boísima, ao mesmo nivel que a graxa de peixe. De feito a graxa do leite ten un equilibrio óptimo entre ácidos graxos Omega 3 e Omega 6. O problema en España é que se lle retira demasiada graxa ao leite. De feito, nos países nórdicos o leite desnatado é como o noso leite enteiro e é todo pasteurizado, e non existen practicamente problemas de intolerancias á lactosa.

19 ideas sobre ““Os leites vexetais son un engano publicitario, as súas propiedades non son comparables ás do leite de vaca”

  1. Alejandra

    Me enfada el de ignorantes…y trata al publico de ignorantes. La mal llamada leche vegetal, es una bebida que es mas digestiva y tiene “otras” propiedades….que no tienen nada q ver con las de la leche…y menos la de caja UTH…veneno puro.
    Las personas de a pie, sin titulitis lo SABEMOS DE SOBRA y me revienta vuestro titular.
    El resto del articulo esta muy bien, yo consumo leche de cabra de una amiga, me sienta de maravilla. La pasteurizo yo con 3 hervores y listo.
    Gustaría rectificación al respecto.
    Alejandra.

    Contestar
    • campogalego

      Boas tardes Alejandra:

      Non imos censurar a entrevista e cambiar o titular. As opinións do entrevistado están argumentadas e con base científica e sería unha censura informativa cambiar o titular.

      Saúdos

      Contestar
  2. Myriam

    Estoy de acuerdo con Alejandra puesto que en el articulo tacha a los fabricantes de ” leche” vegetal como publicidad engañosa y vosotros estáis haciendo lo mismo con el titular. Ya sabemos que las bebidas vegetales no tienen las mismas propiedades que la leche de vaca!! Son cosa distintas, pero las bebidas vegetales son una alternativa para muchas personas que no pueden tomar leche de vaca. Y con el titular también estáis intentando desprestigiarlas.

    Contestar
    • campogalego

      Respetamos tu opinión Myriam y reconozco que los zumos vegetales son un alternativa para personas con intolerancia. Pero lo que afirma el investigador entrevistado es que llamarlas leche es publicidad engañosa y que sus propiedades nutricionales son mucho menores que la leche de vaca pasteurizada. Si quieres contactar con Carlos Spuch te paso su correo en privado, y seguro que estará encantado de responder a tus dudas. Un saludo

      Contestar
  3. ucgal

    Desde a Unión de Consumidores de Galicia compartimos integramente as opinións de Carlos Spuch sobre a incorrecta denominación de bebidas de orixe vexetal como leite. Ao mesmo tempo, consideramos que a publicidade destas bebidas, malia contar coas súas propias características nutricionais, abusa das técnicas de desprestixio dun alimento tan completo como é o leite de vaca.

    Contestar
  4. OtroSpch

    ¿Que animal (aparte del ser humano) consume leche de otra especie?
    Es decir, ¿por que en la naturaleza no vemos animales consumir la leche de otras especies?
    ¿Que sentido tiene beber la leche materna de una vaca madre? Las vacas, las cabras, no son de nuestra misma especie, ¿porque hemos de recurrir al alimento que sus cuerpos crean especificadament para sus crías?. Es que acaso las vacas buscan beber leche humana.
    No utilicen la “contrastació científica” en vano, desde que en los sesenta se dijo que la ciencia apoyaba al tabaco como ayuda para tratar la tos, está claro que la ciencia ha quedado subyugada al comercio, al sistema, al capitalismo. Se teorifica sobre mentiras… Hagan como Descartes, piensen, cuestionenselo todo!

    http://www.animanaturalis.org/p/1106/la_leche_ese_producto_pernicioso_para_los_seres_humanos

    Contestar
    • Natalia

      Hombre… era raro que no saliese alguien con lo de que aparte del ser humano ningún otro animal consume leche de otra especie. El que dice eso es que no ha pisado una granja en su vida. Yo me he criado rodeada de vacas, ovejas, cabras y otros animales, y no, el ser humano no es el único “animal” que consume leche o productos de otras especies. Anda que no se mueren los gatos por la leche de la vaca recién ordeñada, ¡cuando no la maman ellos directamente! ¿Y qué me decís de los huevos? ¿Cuántos animales no se mueren por huevos de otras especies? Incluso las gallinas se los comen ellas mismas a veces.
      La “leche” vegetal tiene unas propiedades (estupendas por cierto) y la leche animal (sea del animal que sea) otras. Suerte que tenemos todas las opciones! Así un alérgico o intolerante a la lactosa puede tener alternativas alimenticias, al igual que un alérgico a los frutos secos o a la soja (que también es muy común). Si se usa la “contrastación científica” para defender a unos también es legítimo para defender a otros. Como bien dice este señor, lo que defiende es una buena leche entera de granja pasteurizada, no lo que venden en los supermercados como Leche UHT.

      Contestar
  5. MARIA CARMENCIT NUNES OLIVEIRA

    MORO NA ESPANHA, E ADORO LEITE ESPANHOL, NA REALIDADE UM COPO DE LEITE QUENTE AO DEITAR, DA MAIS SAUDE, E PIOR PARA A ALIMENTAÇAO SADIA, SAO AS FRITURAS, E CARNES DE CERDO E DOCES EXAGERADOS, HA QUE HAVER UM CONTROL NA ALIMENTAÇAO , COMO BEBER BATENTE AGUA, FRUTAS E VERDURAS, E PONTO FINAL!!!

    Contestar
  6. Monica

    Hola!
    He leído con mucho interés este artículo porque pocas veces se escucha en los medios que los métodos de ultrapasteurización de la leche son demasiado agresivos con esta delicada sustancia y potencialmente pueden causar intolerancia y problemas intestinales. También, me parece de suma importancia transmitir con claridad que las bebidas vegetales no solo no son leche y no tienen la misma densidad nutricional que esta, sino que además en gran medida proceden de cultivos muy poco sostenibles. Así que os doy la enhorabuena.

    Lo que me gustaría añadir es que la leche pasteurizada o hervida a temperaturas menores que la UHT, siendo mucho mejor que la UHT, resulta imposible también de digerir para mucha gente con el aparato digestivo ya dañado, en especial muchos niños a los que el consumo de leche les puede beneficiar mucho por su aporte nutricional. Pero existe una alternativa que además en Galicia tenéis muy a mano (sois muy afortunados), que es la leche cruda producida para su consumo en crudo. Para producir leche de este tipo es imprescindible manejar a las vacas sobre pastos (cuanto menos cereal consuman mejor) y llevar unas medidas de higiene y control especialmente cuidadosas. Leite cru O Alle (www.leitecru.es) en Lalín la produce y distribuye. Os dejo un artículo que publiqué sobre esta maravillosa familia y su vaquería:

    http://blogdisidente.com/2013/07/09/leite-cru-o-alle-leche-cruda-leche-de-verdad/

    También un vídeo muy interesante con subtítulos en castellano en el que el presidente de la lechería más grande de California, Mark McAfee, aporta información clave sobre este tema:

    http://blogdisidente.com/2014/01/16/ya-tienes-tu-leche-cruda-entrevista-con-mark-mcafee-fundador-de-organic-pastures-video/

    Por último, resaltar que un factor muy importante que Carlos no menciona es que el manejo de las vacas sobre pastos y al aire libre tiene una enorme influencia en la calidad de la leche (igual que pasa con todos los alimentos). Carlos, si lees esto te animo a que investigues sobre el tema porque en mi humilde opinión es crucial. Necesitamos más investigadores críticos como tú estudiando el efecto de las prácticas agroganaderas en la salud humana.

    Gracias y un saludo!
    Mónica.

    Contestar
  7. Juan

    ¿Non entende o porqué da “campaña” contra o consumo de leite? Explícovos por qué, al menos un dos motivos: porque a obtención do leite deriva da violación sistemática das vacas, o secuestro dos terneiros recén nados da súa nai que, tras ser alimentados de maneira penosa, serán asasinados (infanticidio). É por iso que as vacas producen leite, porque as violan e matan ós seus fillos. Este proceso repítese reducindo a esperanza de vida das vacas unha barbaridade ata que deixan de ser produtivas e as asasinan.

    Creo que estar en contra dun produto derivado de violación, esclavización, tortura e asasinato e bastante razoable.

    E, ¿a qué se debe a xente intolerante a lactosa? mellor pregunta sería a qué se debe o consumo do leite doutra especie a idade adulta.

    Ay, o que fan algúns por cartos…

    Contestar
    • Pascual Vidal

      Exacto. Estou completamente de acordo. O consumo de leite animal dunha especie allea é unha violación e explotación especista.
      E por iso eu non tomo leite.

      Contestar
  8. Theo

    El título es propaganda engañosa. Ninguna empresa de lácteos vegetales dice que su producto tiene las mismas propiedades que la leche de vaca. Son propiedades diferentes, son productos diferentes. De hecho, las leches vegetales pueden provenir de vegetales muy diferentes, con propiedades muy diversas. No es lo mismo una leche de castaña que de quinoa, arroz o avena. Titular muy vergonzoso.

    Contestar
  9. Manuel

    “os zumes vexetais elaborados a partir de soia ou outros vexetais procedentes, en gran medida, da deforestación da Amazonía.”

    Un artículo bastante manipulador, pero quiero centrarme en esto por la ironía de que las mayores consumidoras de soja procedente de la deforestación son las vacas, por su alto contenido en proteínas. Fuentes:

    -“Estamos destruyendo el Amazonas para alimentar vacas.”
    http://elpais.com/diario/2008/06/27/sociedad/1214517609_850215.html

    -“La ganadería, responsable del 80% de la deforestación del Amazonas.”
    http://planetsave.com/2009/01/29/80-percent-of-amazon-deforestation-stems-from-cattle-ranching-2/
    -España la primera exportadora de piensos procedentes de la deforestación “Cuando la ganadería española se come el mundo”
    http://pendientedemigracion.ucm.es/info/soberania.alimentaria/Cuando%20la%20ganaderia%20espanola%20se%20come%20el%20mundo.pdf

    Contestar
  10. Fede Crespo

    El lobby lechero ardiéndose. No sólo es más sana cualquier leche vegetal (si, leche) si no que además no llevan toda la mierda típica del paquete como grasas saturadas y etc etc etc.
    Los casos de deficiencia de vitaminas se presentan en mayor medida en gente que come carne y toma leche, pero eso no lo van a decir, es mejor decir que la leche es el alimento ideal, aún y a pesar de que en los países que más se consume es donde hay picos de gente con osteoporosis.
    Las vitaminas se encuentran en el reino vegetal en su totalidad, los aminoácidos también y ni hablar de las proteínas.
    En fin, el artículo burrada de turno.

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información