Os concursos de gando de Cimag – Gandagro contarán con 164 exemplares

O certame consolídase como unha referencia a nivel peninsular, coa participación de animais de Portugal, Asturias, Cantabria e Cataluña. Celebraranse tamén concursos de xóvenes manexadores e de preparación dos animais

Os concursos de gando de Cimag – Gandagro contarán con 164 exemplares

Concurso frisón en Cimag-Gandagro. / Arquivo.

Un total de 164 exemplares de vacún frisón de alta calidade xenética procedentes de distintos puntos de España e Portugal están inscritos nos concursos morfolóxicos da III Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Cimag-GandAgro 2019. Esta feira celebrarase do 21 ao 23 de febreiro no recinto da Semana Verde, en Silleda.

Os certames morfolóxicos divídense nun campeonato autonómico, no que participarán 84 reses (31 de Lugo, 24 de A Coruña e 29 de Pontevedra), e nun Open Internacional, con participación das explotacións galegas e de ganderías de Portugal (19), Cantabria (37), Asturias (10) e Cataluña (14).

Na inscripción deste ano destaca o feito da recuperación da participación de animais de Asturias, que non concurrían desde o 2015, e de Cataluña, que levaban sen participar desde o 2012. A cifra de inscritos total é de 164, se ben espérase, que como é habitual, algunhas das reses non poidan finalmente desprazarse por distintos motivos.

Premios
Os galardóns que se concederán nesta edición dos concursos serán Campioa de Galicia e Campioa Internacional (en función do concurso) nas categorías de becerra, xovenca, vaca xoven, vaca intermedia e vaca adulta; e tamén Gran Campioa de Galicia e Gran Campioa Internacional nas de xovenca e vaca. Ademais recoñecerase ao Mellor Criador de Galicia, Mellor Criador Internacional e Mellor Gandería de Nova Participación. Como novidade, nesta edición premiarase por primeira vez ao Mellor Criador de Xovencas, tanto no Autonómico como no Internacional.

En canto aos galardóns á xovenca e á vaca Gran Campioa de Galicia, e tamén ao Mellor Criador de Galicia e ao Mellor Criador de Xovencas, serán patrocinados por Xenética Fontao. Pola súa banda, o premio á vaca Gran Campioa Internacional estará patrocinado por Abanca, mentres que o de xovenca Gran Campioa Internacional estarao pola firma de seguros Ucoga. O de Mellor Criador Internacional contará co patrocinio da cooperativa Delagro e o de Mellor Gandería de Nova Participación co de Silvet Veterinaria.

Organizados pola Federación Frisona Galega (FEFRIGA), coa colaboración da Fundación Semana Verde de Galicia, estes concursos celebraranse o día 23 de febreiro e serán xulgados polo italiano Giuseppe Beltramino, xuíz internacional cunha ampla experiencia nestas competicións.

Por outra banda, estas citas morfolóxicas contarán previamente á súa celebración con controis sanitarios de todas as reses participantes, realizados tanto polas Asociacións de Defensa Sanitaria (ADS) correspondentes a cada zona como polos servizos oficiais da Consellería do Medio Rural.

Xóvenes manexadores e preparadores
Ademais destas prestixiosas competicións, en Abanca Cimag-GandAgro 2019 celebrarase, tamén centrado na raza frisona e da man de Fefriga, o XXXIV Concurso Internacional de Xóvenes Manexadores “Memorial Luís Louzao”, no cal o dia 22 de febreiro os gandeiros máis novos demostrarán a súa habilidade na presentación en pista dos animais. A compañía de seguros Mapfre patrocinará esta competición.

O apartado competitivo completarase co XI Concurso Internacional de Xóvenes Preparadores de Gando GandAgro´19, patrocinado por Delagro, no que os participantes amosarán as súas destrezas preparando aos animais para logo presentalos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información