Os anticipos das axudas da PAC comezarán a pagarse o 16 de outubro

Oito comunidades autónomas recibiron xa autorización para aboarlle ós produtores 1.325 millóns de euros. Entre esas comunidades non está Galicia, pois non solicitou o pago de anticipos, segundo o Ministerio de Agricultura

Os anticipos das axudas da PAC comezarán a pagarse o 16 de outubro

Os produtores galegos non cobrarán polo de agora anticipos da PAC.

Os pagos dos anticipos das axudas da PAC iniciaranse o 16 de outubro en 8 comunidades autónomas, que lle aboarán ós produtores un total de 1.325 millóns de euros. En total, está previsto que se poidan pagar con anticipos 2.365 millóns de euros dun total de 4.900 millóns que conforman as axudas da PAC. En Galicia, polo de agora non se pagarán anticipos, pois o Ministerio non recibiu petición en tal sentido da Xunta, segundo se sinala en nota de prensa ministerial.

A regulamentación comunitaria permite que os anticipos da PAC sexan de ata un 50% das axudas en todos aqueles rexímenes de axudas nos que finalizaran os controis. O resto dos pagos afrontarase a partir do 1 de decembro.

No caso de España, os anticipos que se poden pagar entre o 16 de outubro e o 30 de novembro ascenden a 2.365 millóns de euros, que percibirán máis de 700.000 agricultores e gandeiros. Nos anticipos inclúese o pago básico, o pago verde, pagos desacopladas e axudas asociadas en explotacións de leite, ovino, caprino e ganderías de carne con vacas nodrizas, entre outros.

O Ministerio precisa que o pago de anticipos pode realizarse en todas as comunidades autónomas, “aínda que trátase dunha decisión que debe tomar cada comunidade”.

As comunidades que solicitaron o pago de anticipos son Andalucía, Baleares, Castilla y León, Castilla La Mancha, Extremadura, Murcia, Navarra y Comunidad Valenciana.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información