A OPL denuncia os baixos prezos do leite de pastoreo e pide ao Ministerio que interveña

A OPL denuncia os baixos prezos do leite de pastoreo e pide ao Ministerio que interveña

Leite de pastoreo

A Organización de Produtocres de Leche (OPL) manifestan a súa preocupación ante os anuncios publicitarios referentes ao leite de pastoreo. “Vemos con certa frustración que os argumentos que esgrimen as grandes distribucións son os mesmos de sempre”, denuncian.

Explican que “o prezo do envase nalgún supermercado é ridículo (0,57 euros), nin tan sequera chega aos 0,77 € cada litro, non entendemos que buscan as grandes cadeas de distribución con isto. Fannos entender que utilizan o prezo baixo nos seus lineais como un reclamo cara ao consumidor, devaluando o produto e ademais con ofertas enganosas”. Detallan que nalgún caso os envases de leite xa nin sequera son dun litro, senón de 750 mililitros, cando antes un cartón de leite dun litro custaría 0,76 euros.

Desde a OPL insisten en que un prezo menor aos 0,77 € o litro, é insuficiente, especialmente para un leite, como a de pastoreo, que ao gandeiro cústalle máis producilo e suponlle maior traballo. Ademais, sinalan que resulta igualmente ridículo que “sendo este leite un alimento que a distribución vende como dunha calidade extraordinaria, non chega a valer nin os prezos que vale o leite convencional nas empresas de primeiro nivel”.

Esixen ao Ministerio que esixa trazabilidade á industria

Esixen ao Ministerio de Agricultura que non peche os ollos ante este tema e que actúe con celeridade e que regule os prezos de todos eses leites. “As industrias que poñan dita publicidade nos seus envases, deberán de ofrecer información veraz e cumprir os estándares de calidade que venden. As autoridades han de esixirlles trazabilidade, pero non a que nos impoñan a nós as industrias, que esa xa a cumprimos, queremos que non se envase leite doutras procedencias neste tipo de envases, que esa trazabilidade, chegue ao consumidor e non se perda nas portas de entrada das industrias. Os gandeiros estamos cansos dos seus enganos e de que se amenta ao consumidor. O Goberno debe velar, e de forma rigorosa, para que non soamente se beneficien os de sempre. Demandamos que se vixíe, ademais, o establecemento dun prezo de venda lóxico, non pode ser que do leite de calidade tamén se queira facer un reclamo para atraer xente aos lineais da gran distribución”.

Así mesmo, lanzan outra advertencia tanto á distribución como ao ministerio, xa que informan de que “despois de consultar a gandeiros de Galicia que abastecen de leite á industria que transforma ese leite anunciado a 0,57 €, sabemos que lles pagan 0,28 € de prezo base por litro, dos cales reciben 0,005€/litro por certificación, unha miseria para a publicidade que do devandito produto fan os industriais e a distribución”.

Advirten de que o gandeiro cobra o litro só a 0,31 euros

Engaden que “cobrarían por leite AA 0,009€/litro (extra de calidade), e por tanto supoñen que esa é o mellor leite do mercado, outro mísero pago para este súper alimento. E un pago irrisorio de 0,018€/litro polo leite de pastoreo, pago ridículo, tanto polo esforzo que supón ao gandeiro, como pola menor produción das súas vacas, fronte aos sistemas convencionais, como por esa calidade en produto que dan as súas vacas pola diferenza en alimentación”.

“O consumidor ten que saber que o gandeiro que produce leite de pastoreo non se ve recompensado pola industria, posto que non chega a cobrar nin tan sequera 0,31€ por litro, un prezo ridículo mesmo para un leite convencional, co cal máis aínda para este tipo de leites”, reclaman.

Solicitan “que non se engane máis aos dous sectores máis débiles en todo isto, ao consumidor e ao gandeiro, o Ministerio está obrigado a vixiar e regular a cadea alimentaria. As prácticas abusivas da industria sobre a gandaría deberían ser sancionada, especialmente cando se vende leite nos supermercados a menor prezo que a auga. Unha situación aberrante segundo o ministro de Agricultura, Luís Planas, pero que vemos que nada está a facer para remedialo”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información