A OPL critica a “campaña de desinformación de certas industrias” para baixar o prezo do leite nos novos contratos

A OPL critica a “campaña de desinformación de certas industrias” para baixar o prezo do leite nos novos contratos

A Organización de Productores de Leche (OPL) prevé unha estabilidade e mesmo de lixeira subida do prezo do leite en orixe para o ano 2018 e desmente a “desinformación de certas empresas” lácteas para non subir o prezo do leite aos gandeiros.

As razóns da OPL para xustificar esta previsión de estabilidade ou lixeira subida dos prezos son:

1. A manteiga mantén prezos á alza, a pesar das baixadas sufridas a finais do ano 2017, o que permite prever e, así o fai, a Comisión Europa, uns prezos estables do leite en orixe ao longo de todo o ano 2018. Establécese un prezo medio para a UE de 0.369 €/kg, prezo que en España, incomprensiblemente, non se alcanzou a pesar de ser un país deficitario en leite en máis dun 30%.

2. Segundo a estimación da bolsa de valores de Nova Zelandia, neste país, o maior exportador de lácteos a nivel mundial, prevese unha caída da produción dun 1.5% debido á seca que están a sufrir. Esta caída absorbe o aumento de produción na UE que é dun 1.7% máis que o ano anterior.

3. As poxas de Fonterra, no que levamos de ano, sufriron incrementos de prezo do 2.2%, 4.9% e 5.9%, só na última produciuse un lixeiro descenso do 0.5%.

4. Segundo datos do FEGA o número de xovencas en España descendeu un 4,4% o que fai presaxiar un descenso da produción.

5. O último informe sectorial do Ministerio a balanza comercial dos produtos lácteos mostra unha clara tendencia ao aumento das exportacións (nata líquida un 141%, leite en po un 139%) e unha redución das importacións.

“A industria propaga o medo nos produtores para impor prezos á baixa”

Sen embargo, a OPL advirte de que “a industria láctea en España, como cada ano na primavera, coma se dun período de rebaixas institucionalizado se tratase, e aproveitando que a maioría dos contratos subscritos cos produtores renóvanse a primeiros de abril, saca a súa artillaría pesada con técnicas de dubidosa ética, propagando o medo nos produtores para lograr impor prezos á baixa”.

“Todo isto conségueo, -engaden- anunciando abandonos de rutas, asegurando que hai demasiado leite no mercado, de modo que os gandeiros que quedan sen poder vender o seu leite, deben ofrecela a outras empresas a prezos irrisorios”.

Ante esta situación, a OPL insta os gandeiros “a manter a calma, xa que os datos apuntan cara a un mantemento, e probable subida do prezo do leite”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información