Oito das mellores gandarías de frisón de Galicia acudirán á II Poxa de Elite Concello de Curtis

A poxa, que se celebrará os días 17 e 18 de febreiro, é a única que se organiza en Galicia e ampliarase este ano cunha xornada formativa para o sector e unha exposición de maquinaria agrícola

Oito das mellores gandarías de frisón de Galicia acudirán á II Poxa de Elite Concello de Curtis

O Concello de Curtis organizará os días 17 e 18 de febreiro a II Poxa de Elite de Gando Frisón, a única poxa que se celebra en Galicia de reses de alta calidade xenética e que nesta segunda edición, tras o éxito da primeira, ampliarase cunha exposición de maquinaria agrícola e cunha xornada formativa orientada ao sector agro-gandeiro.

As actividades previstas no programa da poxa, que xa foi presentado na 38ª Edición do Concurso Nacional de Raza Frisoa de Xixón o pasado mes de outubro e que está aberta a compradores de toda España e do resto de Europa, desenvolverase no Recinto Feiral de Curtis e nas súas instalacións multiusos.

Organizada por Embriomarket S.L. , a poxa, que se celebra o domingo 18, contará coa participación de oito das máis importantes gandarías de Galicia, que presentarán aos seus mellores animais. Entre eles, destacados exemplares Top GICO, Top Tipo e Top Show. Once destes animais sairán a Poxa con contratos previos ben de embrións ou de machos.

Charlas formativa e mostra de maquinaria agrícola o sábado

As charlas formativas organizaranse o sábado, 17, día no que tamén se abrirá a mostra de maquinaria agrícola, que se manterá ata o domingo, e poderase ver o gando dos mellores pedigrís en exposición que se poxarán ao día seguinte. O ano pasado compráronse reses para mellorar a calidade das explotacións lácteas cara a Asturias, Lugo e Pontevedra.

O fin do Concello de Curtis ao pór en marcha esta poxa foi visibilizar o traballo e o investimento dos gandeiros que optan por mellorar a xenética bovina ao supor para eles un escaparate a nivel nacional e internacional para dar a coñecer, comercializar e rendibilizar esa dedicación persoal e económica. Ademais, evita aos gandeiros galegos o ter que saír fóra da comunidade a comprar gando frisón de elite, o que lle permitirá mellor a rendibilidade das súas explotacións.

“Os nosos obxectivos pasan por implicar ao sector primario, axudar a impulsalo, dinamizar a economía do noso propio territorio e afianzar o Recinto Feiral de Curtis como o mellor da provincia para a celebración deste tipo de iniciativas”, sostén o alcalde Javier Caínzos.

Lista dos animais que sairán a poxa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información