O Sindicato Labrego critica unha campaña promocional de leite por banalizar o produto

O Sindicato Labrego critica unha campaña promocional de leite por banalizar o produto

Promoción de regalo de leite dun xornal.

O Sindicato Labrego Galego posicionouse en contra dunha campaña promocional pola que “un coñecido xornal” agasalla hoxe ós seus lectores cun litro de leite Río Natura gratis, segundo criticou en nota de prensa. “Unha vez máis utilízase o leite como produto reclamo”, cuestiona. “Este tipo de prácticas banalizan o produto diante do consumidor, que remata por considerar o leite un produto barato que só se debe adquirir a prezos baixos”.

Para a organización agraria, este tipo de prácticas pode estar ademais a violar a Lei da Cadea Alimentaria; se ben, a diferenza das vendas a baixo prezo nos supermercados, responsabilidade principal das cadeas de distribución, no caso da promoción criticada polo SLG trátase dunha campaña promocional tanto do xornal como da marca de leite, polo que ambas consideran a existencia dun beneficio mutuo na campaña promocional.

Reforma do paquete lácteo
A reforma do paquete lácteo, pola que se tratarán de extender os contratos entre gandeiros e industrias a un ano de duración, aprobarase este venres no Consejo de Ministros. Na Conferencia Sectorial de Agricultura celebrada o luns, chegouse tamén a un compromiso dun maior control das vendas a perdas de leite nas superficies comerciais, segundo desvelou a Consejería de Ganadería de Cantabria en nota de prensa. A consellería cántabra explicou ademais que a Agencia de Información y Calidad Agroalimentaria (AICA) creará unha aplicación a nivel estatal, o ‘Ofertómetro’, na que se poderá informar con axilidade de ofertas sospeitosas que haxa nos puntos de venda, de xeito que se poida proceder a inspeccións inmediatas nos casos en que se considere oportuno.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información