O prezo do leite spot segue subindo en agosto en Holanda e Italia e alcanza prezos récord

O prezo das cisternas de leite spot seguiu subindo esta semana en Italia e en Holanda, alcanzando os 43,3 euros por cen quilos e os 43,5 euros, respectivamente, e cunhas calidades de 4,4% de graxa.

Segundo recolle o Observatorio do Sector Lácteo da Comisión Europea, trátase do prezo máis alto en agosto dos últimos anos, e a previsión, a teor do ocorrido en 2016 e 2015, é que se manteña e mesmo suba.

leite_spopt_ue_agosto_17

Os prezos do leite en po soben esta semana

Por outra banda, na poxa deste luns nos mercados europeos de derivados lácteos os prezos en xeral seguiron subindo con respecto á anterior poxa, do 6 de agosto. Así, a manteiga mantívose nun prezo récord de 591 euros por cada 100 quilos, cunha leve baixada do 0,3%. En canto ao leite en po, o desnatado subiu un 0,3% ata os 179 euros, e o enteiro recuperou as súas cotizacións un 0,6% ata os 305 euros. Nos queixos, o Emmental sobe un 2,5% ata alcanzar os 422 euros, o Gouda mantense sen cambios en 336 euros e o Edam en 345 euros por cada 100 quilos, un 0,5% menos.

Seguen baixando os stocks de intervención

En canto aos stocks de leite, queixo e manteiga para intervención, tanto pública como privada, seguen á baixa, debido ás boas cotizacións nos mercados internacionais.

Así, na Unión Europea, o stock de leite en po enteiro pasou de 412.279 toneladas en xaneiro deste ano a 385.815 toneladas en xuño, segundo datos da Comisión Europea. Pero onde máis se nota o descenso do stock é no queixo, que baixou de 26.203 a 10.865 toneladas, e sobre todo na manteiga que pasou de 99.980 toneladas en xaneiro a tan só 277 toneladas en xuño.

En canto a España, os datos do Fega revelan que no que vai de ano non se ofertou leite desnatado en po para intervención por parte das industrias, como tampouco de manteiga.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información