O prezo do leite no campo recupera o nivel do inverno

A produción continúa en ascenso por sexto mes consecutivo en relación ó mesmo periodo do pasado ano

O prezo do leite no campo recupera o nivel do inverno

Os prezos do leite na granxa recuperaron os niveis do pasado mes de xaneiro, segundo os datos do último informe do Fondo Español de Garantía Agraria, correspondente a agosto. En España, a media sitúase en 31,6 céntimos, 0,6 céntimos máis que o mes anterior. En Galicia, en 30, 3 céntimos, 0,4 máis que en xullo. Son os mesmos prezos de xaneiro e febreiro, mes a partir do cal se iniciara un lixeiro descenso das cotizacións.

Por primeira vez nos últimos anos, Galicia abandona a posición de cola nos prezos do leite, superada por Baleares, con 30,2 céntimos. Entre as comunidades leiteiras veciñas, Asturias sitúase en 33,2 e Castilla y León en 31,5.

Os datos de produción reflicten tamén que as entregas de leite continúan en ascenso por sexto mes consecutivo, medrando en agosto un 1,6% en relación ó mesmo mes do pasado ano. En Galicia, o aumento foi maior, medrando por riba do 3%.

Seguindo a liña dos últimos meses, en canto a calidades do leite, Galicia sitúase á cabeza en graxa, cun 3,72% fronte á media estatal de 3,59. En proteína, a comunidade está na media, 3,20 polo 3,21 de promedio estatal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información