O plan de Francia para seguir liderando o sector lácteo europeo

A interprofesional láctea francesa, CNIEL, presenta o seu plan “Francia: terra de leite” no que traza a estratexia para seguir liderando o sector lácteo europeo nos próximos anos. Velaquí o documento.

O plan de Francia para seguir liderando o sector lácteo europeo

Presentación do plan.

O sector lácteo francés é utilizado moitas veces como referente en España, non só polo seu potente e internacionalizado sector industrial, en boa medida de base cooperativa, que se especializou en produtos de alto valor engadido, senón tamén pola alta consideración social que teñen os gandeiros e a intervención decidida do Estado para protexer os seus intereses.

En definitiva, o sector lácteo francés é considerado estratéxico para o país e diso dan boa mostra as cifras: 61.700 granxas leiteiras, 298.000 empregos directos, 104.000 empregos indirectos e máis de 6.900 millóns de euros en exportacións de leite e de produtos lácteos.

Pero o segundo produtor de leite de Europa -Alemaña é o primeiro, pero Francia xera un 20% máis de valor- quere manter o seu liderado. Para iso a interprofesional láctea francesa (CNIEL), na que ademais das organizacións de produtores e a industria, tamén está a distribución, aprobou o pasado mes de decembro un ambicioso plan estratéxico para manter a competitividade do sector.

O documento, que leva por título “Francia: terra de leite”, recolle 30 compromisos, e foi remitido ao Ministerio de Agricultura Francés para que apoie a súa implementación. Os investimentos necesarios para pór en marcha este plan estímanse en 1.300 millóns de euros, unha cantidade que se espera que o Estado cofinancie xunto co sector.

O principais compromiso do plan son:

-Cambio radical do modo de negociación comercial entre produtores, industria e distribución para unha repartición do valor engadido máis proporcional e xusto.

Para iso, durante os primeiros 6 meses deste ano o tres partes comprométense a acordar e aplicar unha guía de prácticas contractuais e comerciais -entre industria e distribución- , nas que os prezos se marcarán segundo un índice que reflicta a evolución do mercado e que reparta o valor entre o tres partes da cadea.

-Creación da rede de organizacións de asesoramento gandeiro. Creación dun comité de consulta con asociacións de consumidores e ONG´s.

-Duplicar en 5 anos a produción de leite ecolóxico, actualmente no 2,4% da produción total francesa. Iso suporá un incremento de 600.000 toneladas.

Creación dunha marca de calidade “France Terre de lait“, para o leite e os produtos lácteos franceses. A interprofesional francesa márcase como obxectivo diferenciar o seu leite e os seus derivados lácteos con esta marca, acompañado dun plan de comunicación ambicioso. O obxectivo que se marcan é que dentro de 5 anos o 80% dos produtos lácteos franceses exportados levan o logo “France Terre de lait”.

-Reducir o uso de antibióticos, fitosanitarios e a pegada de carbono. Así, o plan estratéxico, acordado por unanimidade, proponse baixar nun 15% o uso de antibióticos na produción leiteira en 10 anos.

Ademais, para dentro de 5 anos establécese lograr un 15% de redución de fitosanitarios e herbicidas nos sistemas de cultivo asociados coa produción leiteira.

Tamén se comprometen a baixar un 15% para dentro de 10 anos o balance de nitróxeno e reducir a pegada de carbono nun 10% durante os próximos 5 anos … e un 20% dentro de 10 anos.

-Mellora xenética do gando: o sector lácteo francés márcase como obxectivo continuar a investigación para lograr animais eficientes e resistentes, con menor necesidade de uso de antibióticos.

-Alimentar vacas leiteiras sen cultivos transxénicos e acceso ao pasto: O compromiso é facer cribles as iniciativas a través de especificacións comúns que permitan a valoración adicional e a definición de indicadores adecuados.

Consulta aquí o documento completo da interprofesional láctea francesa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información