O novo presidente da INLAC reúnese coa conselleira do Medio Rural

José Armando Tellado trasládelle a Ángeles Vázquez os seus dous grandes retos, a promoción do consumo de leite e o impulso ás medidas que figuran no acordo lácteo

O novo presidente da INLAC reúnese coa conselleira do Medio Rural

José Armando Tellado (esquerda), na reunión coa Consellería do Medio Rural.

O director xeral de Capsa (Clas, Larsa), José Armando Tellado, é novo presidente da Interprofesional Láctea desde o pasado 24 de outubro. Tras o seu nomeamento, está a manter encontros institucionais para trasladarlle ós axentes do sector os seus obxectivos ó fronte da Interprofesional, un organismo no que participan industrias lácteas, cooperativas e organizacións agrarias. No marco deses encontros, Tellado reuniuse estes días coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez.

Na reunión, o presidente da INLAC destacou como principais liñas de traballo a promoción dos lácteos, de cara a aumentar o seu consumo, e a valorización do sector. O encontro, no que tamén participaron a directora xerente da Interprofesional, Águeda García-Agulló, e o director xeral de Feiraco -e membro da directiva da INLAC-, José Luis Antuña, serviu tamén para analizar en conxunto a situación do sector lácteo galego e do resto de España.

Acordo lácteo
Tellado trasladoulle á conselleira que unha das súas prioridades pasa por potenciar ó máximo o acordo lácteo asinado en setembro do 2015, pois considera que é unha canle de diálogo importante entre os integrantes das cadeas de produción e transformación -integrantes da INLAC- coa distribución.

En canto á promoción do leite, o presidente da Interprorfesional avanzoulle á Xunta a nova campaña que iniciarán este ano: ‘Di si a los lácteos a todos los que dicen NO a los lácteos’. Tellado tamén lle agradeceu á Xunta a súa implicación na celebración en Galicia do Día Mundial dos Lácteos na Escola, unha efeméride promovida en España pola Inlac que trata de sensibilizar á poboación escolar da importancia do consumo de leite na infancia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información