O Ministerio investiga 2.000 contratos lácteos en Galicia por debaixo de 24 céntimos

Tras a denuncias feitas, entre outros, por Unións Agrarias e o Sindicato Labrego, a AICA investiga estes contratos por se as industrias estivesen incumprindo a lei. A organización agraria estima que 3.000 ganderías en Galicia vense obrigadas a vender o leite a perdas

O Ministerio investiga 2.000 contratos lácteos en Galicia por debaixo de 24 céntimos

Carta da AICA

Máis de 2000 contratos lácteos serán revisados en Galicia pola Agencia de Información y Control Alimentarios (AICA) tras as denuncias de, entre outros,  Unións Agrarias (UUAA) e o Sindicato Labrego Galego (SLG) de hai unas semanas. Desde esa data as explotacións que estaban cobrando o leite por debaixo de 24 céntimos o litro están a recibir comunicacións do organismo dependente do Ministerio de Agricultura para reclamar diversa información sobre a situación contractual establecida coa empresa coa que lle recolle o leite.

Aspectos como a duración do contrato ou a posibilidade de optar a outras ofertas están presentes na citación que reciben os gandeiros. Tamén se require información sobre as ameazas aos gandeiros de non recollerlles o leite ou ben das modificacións unilaterais das condicións do contrato de aprovisionamento.

O Sindicato Labrego reuniuse co director da AICA o pasado 9 de maio en Madrid para pedirlle que investigase os contratos lácteos nas explotacións galegas que están a cobrar por debaixo de 24 céntimos.

Pola súa parte, Unións Agrarias estima estima en 3.000 as ganderías en Galicia vense obrigadas a vender o leite a perdas. Entre as medidas que propón UUAA para rematar con esta situación están ·o control aos primeiros compradores que usan as industrias para tirar os prezos, a trazabilidade da produción do leite e a vixilancia de que o leite que se paga a 18 cts e que se retira do mercado con destino leite en po non acabe de novo, en forma líquida ou sólida, á venda no supermercado tirando cos prezos”.

As inspeccións da AICA poderían rematar en sancións ás industrias infractoras. Sen embargo, os gandeiros piden que se publiquen as industrias lácteas e cadeas de distribución sancionadas, ao entender que sería máis efectivo de cara á opinión pública. Sen embargo, dende a AICA sinalan que para iso habería que promover unha modificación da Lei da Cadea Alimentaria no Congreso dos Deputados.

Último aviso a Lactalis

Por outra parte, representantes de Unións Agrarias mantiveron este luns un encontro co cadro directivo da marca francesa Lactalis para trasladarlles que “están realizando unha apropiación indebida sobre as rendas dos gandeiros ao non reverter na liquidación do leite os 2 cts acordados coa distribución logo das mobilizacións do pasado mes de decembro”. “Na actualidade en Galicia hai mais de 600 explotacións afectadas por esta actitude de todo modo irresponsable e inxusta que xa leva detraído das contas das granxas máis de 1 millón de euros”, denuncian dende UUAA.

A organización agrarias dálle un ultimátum a Lactalis ata o día 21 de xullo, coincidindo coa convocatoria da mesa de seguimento do acordo lácteo. “De non haber rectificación de Lactalis, iniciarase unha campaña de para sinalar a marca e os produtos da marca francesa nos centros comerciais”, advirten dende Unións.

Comunicación da AICA que están recibindo estes días os gandeiros

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información