O Master en Produción de Leite mantén aberta a preinscripción ata o 12 de xuño

O título inclúe no seu programa formativo máis de 300 horas de prácticas en empresas. Ofrécense de xeito independente dous cursos de formación continua sobre alimentación e sobre economía da explotación láctea

O Master en Produción de Leite mantén aberta a preinscripción ata o 12 de xuño

O Campus Terra da Universidade de Santiago impartirá un ano máis o Master en Produción de Leite, un título que destaca polas máis de 300 horas de prácticas en empresas que inclúe no seu programa formativo.

A preinscripción no Master mantense aberta ata o 12 de xuño. Poden presentar a súa solicitude veterinarios, enxeñeiros técnicos e superiores, licenciados, diplomados e graduados. Tamén se poderán admitir alunos ós que lles falte por cursar un máximo de 30 créditos ECTS da súa titulación, se ben para lograr o título de Master deberán acreditar previamente o remate da titulación de acceso antes do remate do próximo ano académico.

De xeito paralelo á celebración do Master, o Campus Terra da USC, ubicado en Lugo, ofrecerá dous módulos formativos independentes, sen necesidade de cursar todo o master. Serán dous cursos de formación continua, un sobre alimentación en produción de leite e outro sobre economía da explotación láctea.

Para máis información, pódese contactar coa dirección do Master en Produción de Leite.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información