O leite en pó desnatado subiu un 54% en 2019 e tira dos prezos no campo

O leite en pó desnatado subiu un 54% en 2019 e tira dos prezos no campo

O leite en pó está está tomando o relevo da manteiga como o producto lácteo que está a tirar dos prezos do leite no campo. Así se desprende dos datos do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea referidos á primeira semana de decembro.

En concreto, a cotización do leite en pó desnatado (SMP polas súas siglas en inglés) na Unión Europea incrementouse un 54% nos últimos doce meses, ata situarse nos 2,49 euros o quilo. Unha evolución positiva tamén experimentou no último ano o leite en pó enteiro (WMP), que subiu un 12%, cun prezo medio neste mes de 3,04 euros o quilo.
lacteos ue decembro 19 1
En canto aos queixos, en 2019 o seu prezo na Unión Europea mantívose estable en liñas xerais: o Cheddar encareceuse un 1% ata os 3,18 euros o quilo; o Edamn baixou un 1%, cun prezo medio de 3,14 euros o quilo; o Gouda tamén baixou, un 2%, ata os 3,14 euros o quilo, mentres que o Emmental mantívose sen cambios en 2019, cun prezo medio de 4,38 euros o quilo.

Polo que respecta á manteiga, que nos anos 2017 e 2019 chegou a acadar prezos máximos históricos de 6,5 euros o quilo, axudando a recuperar os prezos do leite no campo, baixou en decembro un 21% respecto ao mesmo mes do ano pasado, cun prezo medio de 3,66 euros o quilo.
lacteos ue decembro 19 2
O Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea tamén analiza a evolución dos prezos dos produtos lácteos dende o ano 2003. Neste sentido, obsérvase o pico de prezos que acadou a manteiga en 2017 e 2018 e a aterraxe de prezos que está a experimentar, para situarse nun prezo medio de 3,50 eros o quilo.

Tamén se observa a importante recuperación dende mediados do 2018 dos prezos do leite en pó desnatado (SMP), e a evolución máis estable das cotizacións do queixo Cheddar e do leite en pó enteiro (WMP).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información