O etiquetado da orixe dos lácteos, explicado nunha infografía

A Interprofesional Láctea (Inlac) vén de elaborar unha infografía para explicar a nova normativa que obrigará a etiquetar a orixe do leite e dos produtos lácteos elaborados en España a partir do 22 de xaneiro do 2019. A partir da entrada en vigor da norma, todo o leite e tódolos produtos alimenticios con máis dun 50% de leite (en peso) entre os seus ingredientes, terán que indicar a orixe, mencionando país de muxido e país de transformación, en caso de que sexan distintos. Se fosen o mesmo, simplificarase a mención, sinalando unicamente a orixe.

Sempre que a orixe sexa España, terase que precisar así no etiquetado. Se é outro país, hai a posibilidade de citalo ou indicar só Procedencia: Ue / Fóra da UE. Tamén. de xeito voluntario, poderase indicar a rexión de orixe do leite, se esta procedese enteramente do mesmo territorio. Cómpre lembrar que en comunidades como Galicia xa existe unha certificación (Galega 100%), que garante a orixe galega do leite. Tamén en Castilla y León existe un selo similar, ‘Tierra de Sabor’.

Esta é a infografía divulgada pola Inlac, un órgano no que participan industrias lácteas, cooperativas e organizacións agrarias:

etiquetado orixe leite 660

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información